30 Agosto 2007

TANGALLINACOMOLAGALLINA.ES

Arquivado en: Sen clasificar — paidovento @ 1:02 am

Unha das novas do día é a intención dos de ”tan gallego como el gallego” de presentar un recurso contencioso-administrativo perante o TSXG contra a entrada en vigor do novo decreto que regula o uso do galego no ensino. Pobriños, serán xente acovardada (coma as galiñas), ignorante das súas orixes (coma as galiñas), plenamente conformistas (coma as galiñas), estarán sempre no medio (coma as galiñas), etc. Por todo isto, e porque no seu día non nos publicaron un comentario na súa páxina, propoñemos que lle cambien o nome polo de “tangallinacomolagallina.es” e agardamos que as súas iniciativas teñan a mesma transcendencia que a vida deste escandaloso animal doméstico.

Acompañamos foto da Galiña de Mos, raza autóctona, malia que lles pese.

galinas.jpg

28 Agosto 2007

VIN COUSAS QUE XAMAIS CRERIADES…

Arquivado en: Sen clasificar — paidovento @ 12:52 am

Os idólatras de “Blade Runner” lembraredes a arquifamosa escena na que o replicante Rutger Hauer lle fala así ao desactivador de chatarra (Harrison Ford): “Vin cousas que xamais creriades, vin naves arder…” Pois a foto que vén de seguido é das de non crer se non se ven. O único que vos podemos dicir ao respecto é que nos chegou por correo electrónico co título “definición de gilipollas” (a que lle acae ben?)

nazinegro.jpg

26 Agosto 2007

A SÍNDROME DO DESEMPREGO

Arquivado en: Sen clasificar — paidovento @ 2:22 am

Estamos a piques de rematar agosto, o mes vocacionalmente vacacional, e xa temos certa inquedanza no corpo por aquilo de que hai que voltar ao traballo… Isto debe ser, pensamos, o que denominan a síndrome posvacacional. Pois ben, matinando no asunto, lembramos a tertulia que mantivemos uns cantos voluntarios que fomos patear o monte hoxe pola mañá. Entre outros moitos temas (as mañás no monte dan para moito) falamos dos mozos e mozas que están á espreita de poderen acadar o seu primeiro emprego e do desasosego que senten conforme pasan os meses e, en moitos casos, os anos. Iso si que realmente merece un tratamento estatístico, sociolóxico, mediático… e non o trabalinguas ese da síndrome posvacacional que, xa veredes, non ha tardar en encher ocos nos telexornais.

Se algún lector ou lectora cre estar afectado polo que podemos chamar a “síndrome do desemprego”, transmitímoslles dende a nosa experiencia a esperanza de que logo atoparán a luz ao final do túnel ou, como na foto, o claro despois das nubes… Xa sabedes: “Nunca choveu que non escampara”.

nubeiros.JPG

23 Agosto 2007

O FOTÓGRAFO TOLO

Arquivado en: Sen clasificar — paidovento @ 12:33 am

Hai uns días recibimos un correo que, de ser certo, ponnos os pelos de espeto. Alguén conta unha escena que presenciou no Gran Canón do río Colorado, en Arizona. Non só describe o que algúns están dispostos a facer por conseguir unha foto, senón que achega probas, tamén fotográficas, sobre o caso… E o caso é que o “prota” da nosa historia atópase… a 900 m de altura! Que tomen nota os “paparazzi”.

fotografo1.JPG

fotografo2.JPG

fotografo3.JPG

fotografo4.JPG

14 Agosto 2007

DÍA DA PATRIA 2007

Arquivado en: Sen clasificar — paidovento @ 7:57 pm

Si, xa sabemos, hoxe é 14 de agosto… pero como non sabiamos que pór, ocorréusenos colgar esta panorámica da praza da Quintana o 25 de xullo. Para que logo digan que o nacionalismo galego é minoritario…

patria07.JPG

12 Agosto 2007

XA ESTAMOS NA ARAÑEIRA!

Arquivado en: Sen clasificar — paidovento @ 2:52 am

Hoxe (12 de agosto de 2007) e agora (ás 2.19.45…46…47…) engadimos un gran de area máis a ese areal inmenso dos internautas. AQUÍ ESTAMOS!