Set 08 2010

O CAGÓN

Published by at 12:45 a.m. under vivencias

Non vou falar da miña demora en publicar, porque me dá vergoña e non hai xustificación posible, é simple preguiza.

Ao que iamos… Se algún día pasades pola fachada norte da catedral de Ourense (fermosa basílica e fermosa cidade) non vos estrañedes de ver xente mirando para arriba con cara alelada: están a buscar algo, e ese algo é o que aparece na foto de abaixo. Os meus fillos deron en chamarlle «o cagón» e trátase dunha figura tallada na pedra onde remata a columna esquerda, segundo se mira para a porta, e comezan as arquivoltas do arco de medio punto (os entendidos que desculpen as posibles meteduras de pata cos elementos arquitectónicos). Como podedes comprobar, o individuo está «en posición de…» amosando os atributos. Dise que os mestres canteiros das igrexas medievais incluían sempre algún elemento obsceno no medio de tanta figura piadosa. Pois aí queda o documento:

4 responses so far

4 ResponsesO CAGÓN to “”

  1. Eva G. Reion 08 Set 2010 at 1:52 a.m.

    Que retranca a dos mestres canteiros…
    E que boa a foto dos atributos. Benvido ao mundo da rede.

  2. paideleoon 08 Set 2010 at 10:21 p.m.

    Por fin apareces !.
    Xa che ía pór un asterisco na miña listaxe de blogos.
    Esa gárgola quedaría ben no pazo dos Reis Católicos de Santiago.

  3. Zeltiaon 16 Set 2010 at 3:24 a.m.

    Pois grazas pola curiosidade
    [vouche contar un segredo: ainda non estiven alí nunca]
    Cando vaia ¡hei mirar!

  4. Chousa da Alcandraon 24 Out 2010 at 2:10 p.m.

    Pois mira ti por onde na Catedral (quedou en Igrexa do románico tardío) de Alvidrón (Antas de Ulla), tamén hai unha alusión un tanto escatolóxica. Neste caso trátase dun «canecillo» da nave central na que se representa a un home anicado e que ten unha man na boca e outra no cu. Dende sempre se lle deu en chamar «A Nugalla».

    Soledad Felloza captouno coa súa cámara e Manuel Gago levouna ó seu blogue: http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2008/11/28/un-test-de-rorschach-na-aldea-de-alvidron/

    Unha aperta

Trackback URI |

Olark Livehelp