Arquivo para febreiro, 2010

feb 04 2010

A MANIFA E AS GANAS DE MEXAR

Publicado por paidovento en vivencias

Esta anotación é resesa, tíñaa gardada como borrador e non me decidín a publicala ata hoxe, cando hai tres días que  “xa está todo o peixe vendido“:

O venres houbo manifestación no Porriño. Non tiña ganas de ir, pero fun. Fun porque me parece inxusto que se deteña algo que funciona, fun porque me parece inxusto que o mundo se rexa só polos cartos, fun porque hai que dar a cara fronte ao clientelismo político, fun porque hai que ter principios neste ermo de ideas, fun porque hai que ter dignidade…

Pero non fun só, acompañoume o preadolescente do meu fillo, queixándose por camiñar, queixándose porque quería xogar coa nintendo e, sobre todo, queixándose polas ganas de mexar que tiña. Mais non houbo caso, ao final aturou ben o apretón ata a casa.

Pois iso, fun, ou mellor dito, fomos!

9s respostas