xan 07 2010

ACABARON AS FESTAS

Publicado por paidovento ás 1:40 am en vivencias

regalosReis

Logo dunha fría véspera de Reis ben aproveitada (camiñada polo monte de mañá e visualización da cutre cabalgata deste ano pola tarde), tocou cea en familia e, xa ben entrada a madrugada, houbo que cumprir co ritual da preparación de agasallos para os cativos, e para os que non o son tanto. Entre os paquetes había un xogo de “magia borrás” (algúns enredos parecen eternos) para o fillo maior, e agora non para de perseguirnos pola casa para facernos unha demostración das súas facultades harripotianas. Tamén deixaron mochilas escolares, libros, algunha boneca… e un chándal para o que subscribe, que boa falta lle ha de facer para baixar o colesterol acumulado nas paparotas familiares. Quixera tamén contar cun paquete de paciencia, un lote de constancia e un saco de coraxe para pararlle os pés ao Feijoo na súa intención de borrarnos lingüisticamente do mapa, mais por moito que remexín non os atopei (igual non os precisaba). O dito, acabaron as festas, que non era sen tempo.

8s respostas

8 RespostasACABARON AS FESTAS to “”

  1. Carlos Sousaon 07 xan 2010 at 5:15 pm

    Xa era sen tempo, si. Agora a poñer o chandal para subir a costeira de xaneiro que nos ven enriba.
    Sobre o de Feijoo, “malo será” ou espero.

    Que teñades un bó ano, ou polo menos que sexa aproveitable. Que se vos cumpran as expectativas.

    Unha aperta

  2. Chousa da Alcandraon 07 xan 2010 at 9:35 pm

    O do chandal, definitivamente, foiche unha mensaxe subliminal das SS.MM., que deso saben moitísimo.
    No que dis do paquete, do saco e do lote…tés moita razón; pero a nósa ligua soportou a longa noite de pedra será capaz tamén de aturar este atardecer que parece que se achega. Seremos nós quen levemos a luz acesa!

    Unha aperta

  3. Eva G. Reion 08 xan 2010 at 10:31 am

    Paciencia ímola precisar, pero estou segura que a auga ha volver ao rego. Se non puideron coa nosa lingua os séculos escuros e a censura do franquismo, que van poder este fato de monifates do PP?
    O do chándal prestouche, eh? Aghora hai que ghastalo…

  4. Raposoon 08 xan 2010 at 5:47 pm

    Pois nada, dalle uso o chandal e polo de Feijjó non te apures, que xa lle pararemos os pes!
    Unha aperta e que teñas un bo ano!

  5. Zeltiaon 11 xan 2010 at 6:15 am

    moi aproveitado o dia. o chándal hache vir ben para esas camiñadas que das ás veces e que por certo xa vai tempo que non nos falas de ningunha con fotos incluídas.

    eu, como son republicana, non me traen nada os reis.

  6. Manuel L. Rodrigueson 13 xan 2010 at 1:50 pm

    deixaas ir oh!! se gustas delas tanto como gusto eu…

  7. Brasilegoon 26 xan 2010 at 6:02 pm

    Monarcas absolutos, séculos escuros e ditadores não conseguiram eliminar o galego. Os palhaços do PP não vão conseguir nada. Além do mais, a língua galega tem um filho maior de idade e emancipado, que ferve por proteger sua Mãe.

    Ainda que a nossas palavras sejam distintas
    E eu negro e vocês brancos
    Temos semelhantes as feridas.
    Como a um irmão vos falo.

    Dom Celso é foda!
    Suas palavras me abalam.

  8. Carlos Sousaon 03 feb 2010 at 11:42 am

    Que… acabaron ou non acabaron… Me parece que se che estan alargando as vacación de Nadal, jeje.

    Por certo, menudas festas tedes no Porriño, esas nin as do Cristo…

URI do trackback | RSS dos comentarios

Deixa unha resposta