nov 22 2009
EI, CARBALLEIRA!
Así, coma quen non quere a cousa, organizado coma quen di dun día para outro, xuntáronse os grupos folklóricos do Porriño diante da casa do concello. Gaiteiros, pandereteiras e bailadores espontáneos alegraron, e moito, a gris mañá invernal do domingo. Nun ambiente amigable e case familiar tocaron e cantaron dúas ou tres pezas cada un, e ao final xuntáronse todos nun estourido musical de tradición e festa. No público o que máis e o que menos tiña amigos e familiares entre os artistas (non é de estrañar, coa de xentiña que eran); eu mesmo tiña a miña dona aturuxando por alí coa pandeireta na man. Foi bonito velos, escoitalos e comprobar que nisto da música tradicional aínda hai “canteira”.


Contoumo hoxe a tocaia da túa dona que quedou marabillada pola súa voz.
pois da gusto ver que a xente se divirte conservando e extendendo as tradicións,
que a música popular é verdadeiramente popular, e que a xente enseguida se anima a todo o que sexa troulear un pouco cos amigos ¿a que si?
(¿e tí qué tocas?)
Este tipo de iniciativas espontáneas e con música tradicional galega son moito de agradecer.
Que perduren!!
Claro que hai canteira, se cadra antes perdérase bastante, pero hoxe en día case que hai gaiteiros en tódalas parroquias. En Areas, do grupo de baile, saíron bastantes rapaces adiante e agora tocan xa en grupos de prestixio (non me lembro dos nomes, pero seica son importantes).
Por desgraza eu non sei tocar nin as campás da igrexa…
Así que estiveches no instituto? Pois si, o do patio cuberto xa nin quixen poñelo por non extenderme, pero era unha das queixas que tamén levábamos, entre outras moitas. Contestación de Educación, “non vos queixedes, que cubrir a pista non entraba no proxecto” Da pena ver as charcas que fai, e os pilares pegadiños a pista son un perigo, se algún día se consigue pechar, vai ser unha risa ver as gradas fora do futuro pavillón.
Unha aperta, veciño
pois claro que si… e por moitos anos!!