nov 08 2009
O VISITANTE NOCTURNO
Xa leva un tempo con nós, seguramente máis do que cremos. É un sapo, e deixouse ver nas pasadas noites, cando a temperatura e a humidade lle prestaban. Agora, ao arrefriar o tempo, non sae (ou iso pensamos). Unha das veces nas que paseou por diante da porta non estaba só, un sapiño pequerrecho ía con el (ou ela), pero parece que o cativo pillou un susto ao vernos e non saíu máis. O caso é que a min estes bechos non me gustan e, como tampouco quero matalo, tentei cazalo o xoves pola noite co caldeiro da fregona e mailo recolledor de lixo (xa podedes imaxinar o patético da escena). Por suposto, non o collín e o pillabán agochouse. Agora ando a ver se merco un ganapán e son capaz de sorprendelo antes de que durma todo o inverno e volva visitarnos na primavera. Tamén descubrín que non lle gustan as fotos, así que o único que puiden conseguir foi sacar a entrada da súa casa. Cago no sapo…!


jajaja, hai que ver a teima que colliches co sapo! bueno home bueno, preocúpaste agora polo que vai pasar a primavera que ven?
a saber o que che preocupará entonces! e a saber onde irá o sapiño e a súa prole.
(felicítote por ser pacifista co sapo, que xa estaba eu tremando a ver que ías facer co él, pero moi ben co caldeiro da fregona e o recolledor do lixo! jajaja, moi ben)
Deixao home, que o sapo non se mete con ninguén e ademais apaña insectos que poden ser mais molestos.
pero deixa o animal, alma de deus!!! Quen che vira correndo detrás dele co caldeiro entre as mans… Algún contarei eu o conto da rata que me entrou no piso e tentei apañar cun balde…
Ao final atopámola afogada no water! enfin… ver para crer!!
Imaxino a escena, si
jajaja
E lémbrame a min mesma intentando facer a mesma operación coas lagartixas que subían polas escaleiras interiores de certo colexio. Os nenos non tiñan problema, agarrábanas coa man, coma quen agarra un paxariño, tentando que non escaparan, e levábanas con agarimo para fóra… (polo menos mentres eu miraba).
Outra vez, nunha unitaria que xa hai anos que non existe, descubrín unha pinchorra, sapagueira ou como lle chamedes (co terrexío que me dan !) xusto debaixo da miña mesa, e saín por pés. Os rapaces grandes (daquela había ata 8º) colleron a vasoira e sacárona para fóra, pero eu nin mirar podía…brrrrrrrrr! Creo que aos rapaces aínda lles dura a risa…
Outra vez volvemos do recreo e tiñamos unha praga de grilos por riba das mesas, das cadeiras, no chan…
Sempre me gustaran os grilos, pero ¡tantos!…
En fin, que os sapos non fan fal a ninguén, anque non sexan moi axeitados para animal de compañía