out 19 2009
O XURÉS. AUGA, CARBALLOS E PENEDOS.
Foi a fin de semana anterior á “manifa” de Compostela. Marchamos o domingo de mañá e viñemos o luns (“a pilarica”) pola tarde. Eramos unha boa tropa (8 adultos e 8 nenos), pero apañámonos ben e disfrutamos “a tope” do monte.
A primeira ruta que fixemos foi a dos muíños do río Mao, case toda ela á sombra, de agradecer coa calor que facía. Son aproximadamente unha ducia de muíños en bastante bo estado.
Ese mesmo día, logo de deixar os rapaces a bo recaudo nas augas termais de Riocaldo, subimos á beira das fervenzas do Castro Leboreiro. Percorrido apto para cabras e algún aventureiro trasnoitado coma nós, pero realmente o esforzo paga a pena (como non levaba cámara, a foto roubeina da páxina do parque natural).
O domingo de mañá fixemos a ruta da ermida do Xurés, decatándonos de que se adoita percorrer en cabalo por mor das numerosas bostas que iamos esquivando. O vieiro ten unhas fermosas vistas da contorna. Unha mostra é a alvariza da foto. As alvarizas construíanse para gardar as colmeas dos animais salvaxes, fundamentalmente dos osos. Normalmente teñen planta circular, aínda que a desta é rectangular.
Antes de rematar o camiño, descansamos no adro da ermida á sombra de centenarios carballos co tronco oco. Contaxiado do espírito montañés, subín ao campanario e tirei a foto da cabeceira, na que se ve a aldea de (espero non equivocarme) Vilameá.
E, como aínda nos quedaban pilas, á tarde paramos na aldea de Cela, cuxa orixinalidade vén dada pola mestura de penedos e casas. Moitas destas construíronse ao abeiro das rochas, configurando unha paisaxe ben curiosa.
Un chisco cansos, agora si, emprendemos a viaxe de volta coa leda imprensión de ter aproveitado o tempo.


pois eu faría a rota “do pan e do viño” que ven na páxina que nos deixaches de enlace
quero felicitarche pola foto que tiraches dende o campanario!!!!
e tamén me alegro que pasaras unhas xornadas tan en contacto coa naturaleza, da que disfrutaches polo que vexo.
non coñezo nada desa zona. pero nada. e tampouco creo que tivese folgos para percorrer o parque,
por eso me sinto envidiosísima de todo!
Si señor! Moi boa fin de semana, así da gusto.
Teño que poñerme as pilas que estou un pouco preguiceiro e facer unha ruta desas. Se estamos rodeados de paraxes fermosos e non os coñecemos casi nada, so de oídas.
Agora ben, en boa forma si que estás, eh!!
Un saúdo
Muuuuuuuuuu
Estes días andiveron uns amigos polos Picos de Europa e contándome as súas aventuras lembrei aquela andanza (nunca mellor dito) túa facendo a ruta de Bulnes, aquelo si que era camiño de cabras, e vexo que sigues tirando ao monte. Ben, daquela fai 20 anos. Apertas.
Teño feito unhas cantas rutas por aí, entre elas a da ermita do Xurés que por certo non rematei porque me sentou fatal a auga que bebín dunha fonte.
Deixando aparte ese problema puntual e anecdótico toda esa zona é ben fermosa para os que nos gusta o sendeirismo.
Apertas e a seguir camiñando.
Un sitio ben fermoso. Unha regalia para a vista e para o corpo co deporte e cultura do senderismoermo ven como anel o dedo a cita latina de Juvenal \Mens sana in corpore sano\.
unha aperta