xull 21 2009
POR TERRAS GRANADINAS
Rematou a nosa escapada estival polas terras do sur. Esta vez tocoulle a Almuñécar, vila turística na costa de Granada, que conta con fermosas praias cun mar manso e transparente (a costa tropical, chámanlle). Da nosa viaxe, por non cansar, destacarei tan só o mellor e o peor.
O MELLOR:
Foi, sen ningunha dúbida, a visita que fixemos á “fortaleza vermella” (do árabe “al Qal’at al-hamra”), é dicir, á Alhambra. Tiramos moitísimas fotos, a de arriba correspóndese cun lateral do patio dos leóns, que por certo non estaban (seica os tiñan a restaurar); a de abaixo é un detalle da muralla que explica o porqué do nome. Ao parecer, trátase do monumento peninsular máis visitado, con 2 millóns de turistas anuais. Non me estraña, é unha “pasada”.
O PEOR:
Á parte da masificación do hotel (insoportable, o ano que vén collemos unha casa rural ou imos de cámping), o peor foi unha invasión deses bechos rosados, tan fermosos e amoladores ao mesmo tempo, chamados medusas, que nos chafaron o baño un día no que a calor e a transparencia da auga convidaban a mergullarse seguido. A anécdota deuna unha muller (posiblemente alemá) que, chea de razón, e mentres todos os bañistas miraban para a auga sen ousar mollar nin sequera o dedo gordo do pé, botouse a nadar entre os bechos… Uns segundos de silencio e… Ah! A muller a berrar e a saír escopetada da auga. Pouco despois vina no chiringo untándose de pomada. Cousas veredes!





Supoño que o pasaríades ben, pero o das medusas si que é unha putada, sobre todo pola pinta que ten a auga. Tamén se non chega a ser tan transparente, máis de algún levaría unha sorpresa.
A Alhambra ten que ser espectacular.
Que envexa, saúdos
Sobre as medusas (melfas) Manuel Antonio ten unha poesía que comeza así:
MELFAS
frores náufragas
d´anónimos outonos
Enfiadores de camiños infecundos
pol-a Rosa dós Ventos…
Aledame que disfrutarades a viaxe
Unha aperta.
Antón.
fermosísima Alhambra. Que sorte!!! Esa eche unha viaxe pendente!!!
A ver se quedamos e falamos desa viaxe.
Nalgún sitio lin que Almuñecar por término medio ten as temperaturas mais agradables de toda Europa.
En canto a masificación, nos detinos turísticos de primeiro nivel e nos meses de xullo e agosto coido que é inevitable.
A Alhambra espectacular, por suposto.
pois eu non estiven en almuñecar, pero trouxéronme unha torta dalí, que estaba ´boísima.
na alhambra, en granada, sí que estiven.
un fin de semana de primavera.
coa noite templada, mirando para a alhambra dende o albaicín.
os aromas, a temperatura, a compañía, a paisaxe nova, a historia, as pegadas; todo contribuiu nese solpor a que resultara inolvidable.
ó outro dia fun visitar a alhambra: e tamén foi inolvidable.
hay dias así. ¿non e?