xull 09 2009

BAILANDO

Publicado por paidovento ás 12:48 am en vivencias

festivalfolk

Só eran tres grupos en representación de tres países: Galiza, Polonia e México. Pero o Festival Internacional do Porriño reuniu a bastante xente na praza do concello. Os primeiros en actuar foron os galegos (“Os Penediños” de Atios) e os primeiros dos primeiros foron os pequerrechos, que lles puxeron máis ganas que técnica, conseguindo arrincar apaixonados aplausos do público, sobre todo dos pais, tíos, avós e demais familia que se amoreaban nas primeiras filas. Logo bailaron os maiores, máis profesionais, sen dúbida.

festivalfolk2

Despois viñeron os polacos (dunha localidade a 400 km ao sur de Varsovia), que deron leccións de coreografía, interpretación e forma física.festivalfolk3

E remataron os mexicanos (coido que de Monterrey), bailando enriba dun caixón a ritmo de “ranchera”. Non estivo mal o festival, modesto, pero festival ao fin e ao cabo.

4s respostas

4 RespostasBAILANDO to “”

  1. Eva G. Reion 09 xull 2009 at 10:01 am

    Ben podías ser algo máis explícito coa representación galega…
    Por exemplo dicir que os cativos bailaron unha muiñeira e unha xota, e que os maiores bailaron unha carballesa, unha pandeirada e unha xota (e poñer algunha imaxe)…

  2. paideleoon 09 xull 2009 at 11:34 pm

    Pois si que semella que estivemos no mesmo lugar.

  3. Carlos Sousaon 11 xull 2009 at 9:33 pm

    Eu non sou un apaixoado do baile galego, pero sempre que podo nas festas da parroquia ou festiváis botolle unha ollada. Os pequenos son os millores, xa que aparte non teñen sentido do ridículo e pásanno en grande, tanto eles como os familiares.

    O que si é alucinante ver grupos extranxeiros, cos seus bailes e culturas totalmente distintos.

    Saúdos.

  4. Zeltiaon 16 xull 2009 at 8:59 am

    Eva G Rei coido que debería abrir un blog.
    :-)
    eu tamén vou primeiro a polo non: dijo eu, ¿discriminaches ós mexicanos? jajaja
    hoxe somos todos a botarche broncas!
    alegra ver estas iniciativas, ainda que sexanmodestas, xamedrarán.

URI do trackback | RSS dos comentarios

Deixa unha resposta