xull 03 2009

RESULTADOS

Publicado por paidovento ás 4:18 pm en vivencias

resultadosenquisa11resultadosenquisa21Aos 15 blogueiros que cubristes a enquisa, grazas! Aos que pasastes por aquí e non a cubristes, grazas tamén. Comprobei con satisfacción que á maioría gustouvos o cambio de look, polo que en principio vai continuar así. Tamén tomo nota dalgunha observación que non se visualiza (aparece no apartado de “other”), a saber:

  1. Cambiar a foto de cabeceira por unha propia (farase en breve).
  2. Facilitar a pegada de comentarios (xa está case solucionado).
  3. Máis contraste de cores (iso creo que con este estilo visual non ten solución).

E, por suposto, fareille caso á demanda de máis anotacións, sobre todo agora que, coas vacacións, non hai escusa.

Supoño que máis dun se preguntou como fixen o formulario en liña. Pois ben, para os que non o sabedes, seguide estes pasos:

  1. Crear unha conta de google.
  2. Acceder a google docs.
  3. Crear un novo documento. En “new”, débese escoller “form”.
  4. E a partir de aí fedellar o máis que se poida.

Feliz verán!

3s respostas

3 RespostasRESULTADOS to “”

  1. paideleoon 04 xull 2009 at 12:00 am

    É bó coñecer utilidades como esta da enquisa.

    Luns chámote.

  2. pekeon 05 xull 2009 at 1:05 pm

    Sinto ter chegado tarde, pero teño problemas co ADSL e non sempre me podo conectar.

  3. Zeltiaon 16 xull 2009 at 8:53 am

    pois nisto, coma en todo, é para gustos. eu non boto nada en falta os contraste de colores, é máis, odio os blogs cheos de coloríns.
    creo que é mais agradable e sinxelo un blog limpo, onde o que ten que ser o primeiro que vaia a vista é cara o que escribe o blogueiro, e non ós colorinches e conachaditas. bueno, este é o meu parecer.
    tampouco lle dou tanta importancia a que as ilustracións sexan propias ou non, mentras sirvan para o que as precise, según o caso. Iso sí, a cada un o seu, e se a foto é de outro, hai que poñer: foto de fulanito.
    agora sí, se un é un fotógrafo de puta madre, e fai unhas fotos acojonantes, pois enton, claro está, mais mérito para o blogueiro. Pero ante unhas fotos chuchurrías, e outras espectaculares feitas por profesionales ou amateurs adiantados ¿quen coño prefiere ver as chuchurrías por moito do autor que sexan?
    eu estou farta de ver fotos malas por ahí adiante…
    en resumidas: que como cada pensamento ten distinto dono, e cada un pensa o que lle da a gaña, tí fas moi ben, poñer o blog como che pete. (nunca vai estar ó completo gusto de ninguén, así que con que che guste a tí, que é a quen lle ten que gustar…)

URI do trackback | RSS dos comentarios

Deixa unha resposta