Arquivo para xuño, 2009

xun 28 2009

ENQUISAS E OUTRAS HERBAS

enquisagalego

Velaquí está a enquisa que levaron os meus fillos á escola. Non puxen o apartado de observacións para non ferir sensibilidades. Agora que os da Xunta fagan o que queiran con ela, que o farán.

E, xa que están de moda este tipo de inquéritos, aproveito para que os que algunha vez pasades por este sitio deixedes a vosa opinión sobre a nova imaxe do blog CLICANDO AQUÍ. Son consciente de que é unha extravagancia, coma a da Xunta, pero esta incordia menos, non malgasta papel e o seu custo é cero.

Grazas a todos e a todas por colaborar.

7s respostas

xun 15 2009

OPERACIÓNS LINGÜÍSTICAS BÁSICAS

Publicado por paidovento en Lingua e literatura

linguasumanHoxe a cativa tróuxonos do “cole” a famosa enquisa sobre usos lingüísticos no ensino. O rapaz, coa cabeza nas nubes todo o día, deixouna quedar. O caso é que o cuestionario chegou sen o tríptico informativo prohibido cuxo contido podedes visualizar clicando na imaxe e cun eslogan ben axeitado: as linguas suman. Porén, o actual goberno galego parece que o que quere é restar (restarlle á capacidade que todo ser humano ten para comunicarse, un idioma: o propio, o galego). Pero ademais este fin quéreno conseguir dividindo (dividindo os alumnos en función do que falan) e así, ao mesmo tempo, conseguen multiplicar o número de despropósitos cometidos dende o malfadado día no que chegaron ao poder.

Igual que en moitos eidos da vida, cando se trata da lingua, o único que vale é sumar, aínda que sexa contando polos dedos. SUMEMOS!

4s respostas

xun 04 2009

ÁS CARREIRAS DE NOVO

Publicado por paidovento en motor

rallyeriasbaixas09

Pois si, un ano máis cheguei ás carreiras ás carreiras. Explícome, logo dun día de praia coa familia, ao chegar á casa collín a moto e aínda me deu tempo a chegar á última pasada do último tramo do rallye Rías Baixas (o de Mondariz-O Covelo). O ano pasado fixen exactamente o mesmo, mais este ano collín sitio á sombra (de agradecer, coa calor que facía). Canto ao rallye, non hai moito que destacar… Había menos xente que hai un ano (as praias estaban cheas) e, xa se sabe, na última proba pasan os superviventes, entre eles o da foto (Fuster, que quedou de segundo detrás do noso, Sergio Vallejo). Con todo, a clasificación aínda é provisional.

E como fixen todo ás carreiras, non levei a cámara, tirei a foto co móbil e saíu como saíu. Pero aquí vos deixo outra de Vallejo moito máis espectacular (“roubada” de mcrallyes.com)

vallejo

3s respostas