mai 27 2009
FESTIVAL DE “PERROS”
Pues si… Este fin de semana hemos estado en el Festival de Perros… Pensamos que era una exhibición canina, pero no, fíjate que cosas…
Ben, xa vale de cachondeo! É que con isto da cruzada antigalaica do “presidente de todos os galegos” (seica), xa empezamos a autocensurarnos, non vaia ser que agora se lle dea por meter man no blogomillo para que escribamos todos na lingua do imperio. Ao que iamos, estivemos o sábado pola mañá en Cans e disfrutamos escoitando a banda e mirando caras coñecidas posando para a prensa enriba dos chimpibuses. Como vedes, moito “glamour” do noso, ben distinto, afortunadamente, do que seguramente houbo en Cannes.



E logo! Non invitaron ó presidente de tódolos galegos? Buf!! Pois menos mal, non fora chafar a festa.
Eu, como sempre, non puiden ir e fastidioume bastante, pero como sou de aquí cerquiña e coñezo de que vai a cousa, permitinme o luxo de facer un post. Se che cadra xa me dirás que che parece.
Viva o “glamour” de Cans, e viva a festa galega aínda que lle pese a ese presidente
Temos un agasallo para Paidovento.