Arquivo para maio, 2009

mai 31 2009

BLOG MANEIRO

Publicado por paidovento en premios

maneiroAgradecemos o agasallo que nos envía revolta da freixa e procedemos a cumprir co noso deber como blog seleccionado. En primeiro lugar, expoñemos as normas para sermos “maneiros”:

  1. Exhibir a imaxe do premio “Olha que blog Maneiro”.
  2. Exhibir o nome do blog que concedeu o premio.
  3. Indicar outros 10 blogs propostos para seren maneiros.
  4. Comunicar o premio aos blogs seleccionados.
  5. Publicar as regras.
  6. Comprobar que os blogs premiados seguen as normas.

E agora nomeamos as nosas propostas “maneiras”:

areas f.s

aula Galicia

breogain

cuspe de pita

enzoufado!

leo e os seus

manuel l. rodrigues

mer

O Raposo

torredebabel

PARABÉNS!

5s respostas

mai 27 2009

FESTIVAL DE “PERROS”

festivalcans

Pues si… Este fin de semana hemos estado en el Festival de Perros… Pensamos que era una exhibición canina, pero no, fíjate que cosas…

Ben, xa vale de cachondeo! É que con isto da cruzada antigalaica do “presidente de todos os galegos” (seica), xa empezamos a autocensurarnos, non vaia ser que agora se lle dea por meter man no blogomillo para que escribamos todos na lingua do imperio. Ao que iamos, estivemos o sábado pola mañá en Cans e disfrutamos escoitando a banda e mirando caras coñecidas posando para a prensa enriba dos chimpibuses. Como vedes, moito “glamour” do noso, ben distinto, afortunadamente, do que seguramente houbo en Cannes.

2s respostas

mai 06 2009

ALGUNHAS PALABRAS VALEN MÁIS QUE MIL IMAXES

Publicado por paidovento en Lingua e literatura

Os ignorantes en materia audiovisual sempre consideramos os premios Mestre Mateo coma un remedo dos “Goya” (e estes dos “Oscar”). E a gala de entrega ás veces aparece fugazmente nun exercicio do que se deu en chamar “zapping” ou permanece como son ambiente na caixa boba mentres atendemos a outras cousas. Mais esta vez unhas palabras chamaron por nós, unhas palabras que dun xeito valente e sereno defenderon a nosa lingua fronte a tanta hipocrisía disfrazada de bilingüismo. Pronunciounas Belén Regueira, esa xornalista á que cremos que, por desgracia, pouco tempo lle queda na TVG.

4s respostas

mai 01 2009

AÍ VÉN O MAIO…

Publicado por paidovento en vivencias

maioporrino

Enteirámonos hoxe de que ían celebrar os maios no Porriño e aledámonos moito da iniciativa, tan necesaria nestes tumultuosos tempos nos que as agresións á nosa lingua e á nosa cultura son tan habituais. Pois iso, enteirámonos e fomos. Aínda que a cita era ás nove, unha hora pouco axeitada, a praza do Concello contaba cun ambiente festeiro inesperado, coa xente observando os seis maios presentados e aplaudindo o recitado das coplas. Como ten que ser!

O dito, “Aí vén o maio…” e que veña moitos anos máis.

Sen respostas