Arquivo para novembro, 2008

nov 29 2008

QUE UTILES SON AS BOLSAS!

Publicado por paidovento en vivencias

Aqueles que sodes da nosa quinta, é dicir, nados nos hippiosos anos 60, seguro que lembrades o irrepetible ”barrio sésamo”, programa infantil dos que xa non hai. Ás veces, no seu afán didáctico, algún dos títeres collía unha bolsa e empezaba a gardar cousas nela, demostrando así a utilidade que tiña. Pois lembrámonos disto cando este martes, despois de entrar nun enorme camión que usa o BNG para facerse publicidade, nos deron unha bolsa feita, manda carallo!, de pataca. E pensamos, hai bolsas de patacas, pero esta xa as trae incorporadas. Non sabemos como quedaría despois de cortala en anacos e botala á tixola. Se funciona, unha utilidade máis.

7s respostas

nov 09 2008

O COUREL. PARA FLIPAR.

Publicado por paidovento en viaxes, vivencias

Era a primeira vez que iamos ao Courel e, de verdade, que ao principio non dabamos creto a tanta beleza xunta. Nesta época andan os castiñeiros, carballos, salgueiros… sacando o seu vestido e o colorido é alucinante. Aloxámonos en Vilamor, unha aldeíña preto de Folgoso, e o sábado fixemos a ruta Vilamor-Froxán. Ese mesmo día ceamos opiparamente: caldo, xabarín con castañas, corzo con patacas, flan de queixo… todo regado con tinto do país. Ao día seguinte, domingo, fomos á festa da castaña de Folgoso, despois de darnos outra pateada entre Ferreirós de Abaixo e Ferreirós de Arriba. Por suposto, a fin de semana foi intensísima e descubrimos cousas ben curiosas. Aquí vos deixamos algunha mostra.

 O castro de Vilar, disposto nun lugar escarpado, perigoso incluso para visitalo.

 

Castiñeiros en Vilar (se algo abunda no Courel son as castañas, é unha mágoa velas ciscadas polos camiños).

 

O desacordo entre veciños tamén se dá aquí. Fixádevos no cartel (é o mesmo por distinta cara): á mesma ponte chámanlle de distinto xeito entre dúas aldeas limítrofes. Clicade para ver a foto ampliada e lede a letra vertical verde.

8s respostas

nov 03 2008

UN SORRISO DESPOIS DE DEFUNTOS

Publicado por paidovento en vivencias

Nestas datas nas que os cemiterios están cheos de xente e nas que con frecuencia afloran bágoas lembrando os que xa non están connosco, cremos que non vén mal rir un pouco (rir é sempre saudable) para que as bágoas (que tamén son saudables) sexan tamén de risa.
Vimos de ler en Vieiros que Suso Lista gravou con Omar Rabuñal varias curtas que están colgadas en youtube. A primeira que vimos é esta, chámase “A morte ten un prezo (200 €)” e está coprotagonizada por Manolo Cobiñas. Agardamos que non vos pareza irreverente.

3s respostas