Nestes tempos críticos mesmo parece unha excentricidade falar dun millonario excéntrico, mais non tanto. Un exemplo, hai uns días dixeron na caixa boba que, mentres que as vendas dos coches baixaron en xeral unha burrada, houbo unha marca que subiu as súas facturacións considerablemente, e esa marca era “Audi” (como ben sabedes, especializada en utililitarios). En fin, ao que imos, paideleo instoume a facer este orixinal meme. Aí vai:
Se fose millonario…
1: Pasaría o tempo viaxando por todo o mundo coa muller e os fillos. Non había quedar recuncho por explorar. Non descarto as viaxes espaciais, mais de momento aínda están pouco “rodadas”.
2: Faría construír un circuito privado, dotado con varios cars, coches e motos, para soltar adrenalina e gozar cos amigos, sen mancarnos e sen molestar a ninguén, agás o medio ambiente por aquilo do CO2.
3: Crearía unha produtora de cinema de calidade. Só produciría filmes dos mellores directores, cos mellores guións, cos mellores actores… e en Galiza só se pasarían copias en galego.
4: Practicaría deportes de risco: paracaidismo, ala delta, parapente, rafting…
5: Subvencionaría a todas as empresas que puidese para que reducisen a semana laboral a 10 horas (2 por día).
Obviamente, falamos de excentricidades, se tal situación se dese as propostas deberían ter máis sentidiño.
Pode coller o meme quen queira.
Entries (RSS)
outubro 19th, 2008 at 9:14 pm
Eu, no quinto punto, xa postos: deixaría dous días de traballo á semana con cinco horas por día. Non estaría nada mal, non.
Graciñas por responder ao meme.
outubro 23rd, 2008 at 12:15 pm
caghi na… aínda teño ese meme pendente…
…acábome de lembrar
outubro 23rd, 2008 at 3:25 pm
10 horas a semana non estarían mal, pero case que habería que tratar as vacacións e pasalas a dous meses no ano, e máis festivos, festivos locais, días de convenio…, e cinco pagas extras.
Va! o que se podería chamar un chollón.
Un saúdo.