Hai xente, supoño que miúda, á que lle encanta fozar en calquera letra que vexa impresa. Moitas veces isto de andar a remexer na cartelada o único que fai é crear confusión e poñernos de mal humor, mais de cando en vez aparece alguén con ideas e fainos rir (converter un R nun P, un L nun I, etc. pode transformar “roda” en “poda”, “lodo” en “iodo”…) Ao caso, hoxe déronnos no taller un coche de substitución (e xa vai a terceira vez en ano e medio) cun rótulo que nós non viramos pero que descubriu de contado a moza da gasolineira que nos atendeu. Aínda rimos un cacho.
5 Responses to “UN CÚ SUBSTITUTO”Leave a Reply |

Entries (RSS)
outubro 9th, 2008 at 12:43 am
Mui bo !. Anque me daría non sei que pilotar ese coche.
Tés unha encarga no meu blogo.
outubro 9th, 2008 at 12:40 pm
Menos mal que non lle deu por cambiar “Su” por “Pro”, xa sería o máximo.
outubro 10th, 2008 at 12:15 pm
jaja, que bo.
Anda! non sei se carlos sousa será un dos que andan a facer estas divertidas falcatruadas, polo menos imaxinación non lle falta
unha aperta
outubro 11th, 2008 at 4:32 pm
Moi bo, ainda que coa idea de carlos sousa melloraría moito.
outubro 19th, 2008 at 12:17 am
Estache boa! Mais, haberá que clasificalo na categoría Lingua e literatura ou en ingua e liteira usa ?
En fin…
Moitos saúdos para os catro paisdovento.