Cumprindo coa encarga de mer, procedemos a expoñer que fariamos se só nos quedase un día de vida:

Que canción che gustaría escoitar?

Supoño que escoitaría máis dunha, aínda que posiblemente escollería un tema que hai anos que non o poño: “Stairway to heaven”, de Led Zeppelin.

A que libro lle botarías un ollo?

Non estou seguro de que fose capaz de concentrarme na lectura de algo. Coido que elixiría algún clásico de relatos curtos, talvez Retrincos, de Castelao.

Con quen che gustaría falar?

Con toda a xente que puidese, sobre todo cos amigos e coa familia, e dentro desta cos meus pais, coa miña muller e máis que nada cos meus fillos.

Que che gustaría comer?

Por suposto, polbo á feira. Total, o colesterol non tería tempo de me amolar.

Que farías e que che queda pendente por facer?

Pendente por facer quedaríanme unha chea de cousas que non se poden facer nun día (viaxes, fundamentalmente). Creo que practicaría algo extremo, non sei, “puenting”, parapente… e tamén me daría un “revolcón” coa dona, para levar bo sabor de boca deste mundo.

Xa está, pásolles o meme a leo e os seus , Aquam latam , manuel l. rodrigues e ler arreo

4 Responses to “MEME DO DERRADEIRO DÍA”

  1. Carlos Sousa says:

    Levo visto uns poucos memes do último día, a conclusión é pobres polbos.
    O tema de Led Zeppeling, “escalera al cielo”, aparte de precioso é moi adecuado.
    Un saúdo.

  2. Manuel l. Rodrigues says:

    hei paidovento!!!

    Chegaches un pouco tarde. O meme en cuestión está xa respondido no meu blog ante a insistencia de parte dos membros do blogomillo.

    Saúdos desde esta outra parte da rede (e da ría)

  3. paideleo says:

    Eu xa cumprín coa encomenda. Teremos que quedar un día para comermos polbo.

  4. Asegurándome de non perder » Blog Archive » outubro2008 says:

    [...] invitación dende tres bandas para facer o meme do derradeiro día e estou máis que obrigado a responder. O meme trata [...]

Leave a Reply

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture. Click on the picture to hear an audio file of the word.
Click to hear an audio file of the anti-spam word