out 26 2008
UN DÍA DE 25 HORAS
Como ben sabedes, esta noite houbo que atrasar os reloxos unha hora. Polo tanto, houbo unha hora máis. Isto, cando eramos novos, era unha boísima noticia, xa que supuña unha hora máis de troula, unha hora máis de risos cos amigos, unha hora máis de diversión un sábado pola noite. Esta noite tamén nos alegrou contar con 60 minutos a maiores, fundamentalmente para relaxar un pouco as rutinas diarias, mais as consecuencias do cambio xa non nos gustan tanto, sobre todo porque as tardes fanse extremadamente curtas e a luz do sol bótase moito en falta. Seica se fai por aquilo do aforro enerxético, mais en Galicia é así realmente? Segundo o INELGA o aforro doméstico de enerxía é, flipade, dun 1%. Iso si que é precisión. Ben, o que non nos cabe na cabeciña é que se o solpor se aproxima case simultaneamente en Dublín, Londres, Lisboa e Compostela, por que aquí temos o reloxo adiantado? Será por aquilo de corrixir o atraso secular de Galicia ou será simplemente para ter algo de que falar e para poder espetarlle a alguén: “Cala, que ti vas pola vella”.
Os que queirades afondar no tema podedes entrar en http://www.hora.es/mundo/europa.jsp e veredes o variado que é o vello continente, tamén na hora.





