Este domingo rematou a campaña por este ano dos vixías anti-lumes. Foi unha boa campaña, a teor dos resultados (si, xa sabemos que o mal tempo foi determinante, pero gústanos pensar que algo tivemos que ver). Unha vez máis gozamos das fermosas vistas dende o alto da Serra da Groba e, da man do noso coordinador Gabi, aprendemos tamén un feixe de cousas, por exemplo:
Este cogomelo, rillado por unha lesma, é unha amanita muscaria (unha das dúas especies alucinóxenas que atopamos). É altamente perigosa, aínda que ás lesmas parece que lles senta ben.
Isto son as pegadas dun teixugo. Neste lameiral atopamos tamén rastro doutros bechos, incluso dun que nin Gabi foi capaz de identificar.
Esta herbiña vermella é unha planta carnívora, segrega un líquido pegañento e ponse as botas cos insectos que quedan atrapados. Non me lembro do nome, aínda que Gabi soltounos un dos seus latinismos.
E houbo máis achádegos (cabalos salvaxes, rastros do xabarín, un faisán perdido…) A ver que nos depara o ano que vén.

Entries (RSS)
setembro 29th, 2008 at 5:58 pm
Fermosas vistas e mellores vivencias vitais. Parabéns para todos os voluntarios.
A ver cando nos ensinas “in situ” todas esas fermosuras. Un bico.
setembro 29th, 2008 at 6:31 pm
Que o verán que ven, sexa parecido a este que pasou, que teñas pouco choio, tanto polo ben dos montes como por coñecer un pouco máis a natureza.
Unha aperta
setembro 30th, 2008 at 12:35 pm
Falando de derradeiro día… tés un encargo no meu blogue
saúdos
setembro 30th, 2008 at 11:54 pm
Alégrome de que houbese pouco choio derivado dos incendios.
Se queres recibir felicitacións coma min, xa sabes, he, he.
Espero que che vaia ben a operación.
Graciñas pola felicitación e polo sábado que pasamos xuntos !.
outubro 3rd, 2008 at 1:01 pm
…era hora maaaacho!!! Xa se che botaba en falta polo blogomillo.