set 15 2008

PEIDO DE LOBO

Publicado por paidovento ás 12:19 am en Lingua e literatura, vivencias

Poden parecer patacas podres ou cacas de cabalo, mais “iso” é un cogomelo. Comunmente coñécese como peido de lobo e hoxe atopamos ben deles na nosa ruta de vixías anti-lumes polos montes de Vilachán (Concello de Tomiño). É unha das moitas ensinanzas que tiramos dos coordinadores e mais dos compañeiros de andaina. Tamén aprendemos, por exemplo, que o eucalipto ten inimigos, un bichiño cun nome demasiado técnico para lembralo, que os deixa máis pelados que o pau dun galiñeiro; que a carqueixa, o carrasco e a xara son plantas completamente distintas; que se lle chama ferreiriño a un paxaro porque imita o son dos ferreiros martelando no metal…

E é que, ao non haber lumes, en algo hai que pasar o tempo.

8s respostas

8 RespostasPEIDO DE LOBO to “”

  1. O Raposoon 16 set 2008 at 11:35 pm

    mellor asi, que non haxa lumes, digo.

  2. Manuel Bustoon 17 set 2008 at 12:04 am

    Dobre sorte que tedes, porque nin arde o monte e velaí o moito que aprendedes de botánica e zooloxía.
    Un saúdo cordial.

  3. meron 17 set 2008 at 10:10 am

    Casualmente acabo de poñer un post no meu blogue sobre o peido de lobo. Coñecinno esta fin de semana e saquei unhas fotos de setiñas. Vaia, xuro que non foi un plaxio, aínda non lera o teu post.

    Nesta época de cogumelos non é de extrañar que a todos nos sorprendan as mesmas cousas.

    Unha aperta.

  4. meron 17 set 2008 at 10:13 am

    vou poñer un link á túa foto na miña anotación, eu saquei unha foto do peido de lobo cando está branco, esta que tí fixeches amosa moito mellor o por qué do nome

  5. Manuel l. Rodrigueson 17 set 2008 at 11:23 am

    Vaia! Non coñecía eu o fungo ese. Estaría ben saber cal é o nome do inimigo ese dos eucaliptos (a Terra que se defende)

  6. Carlos Sousaon 17 set 2008 at 12:22 pm

    Hola, é a primeira visita que che fago, veño a través do blog de Mer que te cita no seu último post, e claro, tiña que entrar para ver o cambio do “peido de lobo”. E a verdade que si que hai cambio, paréceme máis bonito cando está como na foto de Mer, aínda que na túa entendese por qué o seu nome.

    Pois nada, a seguir vixiando que non haxa incendios, e coñecer un pouco máis a natureza, que nos fai moita falta nestes tempos.

    Un saúdo.

  7. paideleoon 22 set 2008 at 1:01 am

    Ola, que tal ?.
    Pois si, entre a vendima, a falla dun adaptador e a falta de inspiración; levo uns días case desconectado.
    O peido de lobo é simpático cando o tripas. Proba e verás porque penso que o nome vén diso que fai.
    Gústame que non haxa lumes e que aprendas cousas novas e nós de rebote.
    Un saúdo e boas festas.

  8. Mauroon 07 out 2008 at 7:41 pm

    Curiosamente eu soio recoller cogomelos no outono e teñoo pasado bomba estoupando os peidos de lobo.
    Unha aperta!!!

URI do trackback | RSS dos comentarios

Deixa unha resposta