set 09 2008

A FEIRA FRANCA, FRANCAMENTE UNHA FEIRA

Publicado por paidovento ás 12:44 am en vivencias

O sábado pola mañá achegámonos, de paso que iamos visitar unha parte da familia, á cidade do Lérez. Xa o ano pasado lle botaramos un ollo ás vellas ruelas cheas de xente, mais non puideramos apreciar coma esta vez o engalanado dos locais e das mesas dispostas para xantar o churrasco que florece por todas as esquinas. Disfrázase a xente e disfrázanse as cousas (ata vimos papeleiras cubertas con sacos). E, mentres paseabamos, iamos matinando na moda das festas históricas (medievais, castrexas, romanas…) que parecen agromar por todo o país. E é que a receita parece boa: referencia histórica + entroido anticipado + opíparo xantar = éxito seguro.

As fumegantes grellas e os caldeiros de polbo na alameda axudaban a configurar unha típica estampa de feira, franca, iso si.

3s respostas

3 RespostasA FEIRA FRANCA, FRANCAMENTE UNHA FEIRA to “”

  1. breogainon 09 set 2008 at 3:06 pm

    A Feira Franca é unha ocasión agardada con impaciencia ao longo do ano por tódolos que somos pontevedreses, desfrutamos dous dias voltando atrás no tempo, a unha historia fermosa que aconteceu hai séculos e da que participamos orgullosos, a elo tamén axuda o fermoso casco histórico que temos e que se presta para todo elo, este ano contan que houbo unhas 140.000 persoas na feira, cecais demasiadas para o meu gusto, pero están ahí e dan boa mostra do éxito que estas celebracións teñen hoxendia.

    Un saúdo dende Pontevedra

  2. Manuel l. Rodrigueson 09 set 2008 at 3:15 pm

    …gosto da feira; non hai dúbida. Aquí en Noia temos a típica Feira medieval que, pouco a pouco se vai apropiando de todos e cada un dos lugares de Galiza.

    Ainda así; acho interesante a chamada Feira Mariñeira de Muros

    Saúdos

  3. noaon 10 set 2008 at 2:35 am

    si que están de moda as festas históricas. case á única feira medieval que fun foi á de monforte, e ainda está empezando e case ninguén se viste. gustoume moito este ano, polas festas de sarria, organizaron unha feira de 1908…

URI do trackback | RSS dos comentarios

Deixa unha resposta