Sexan de orde física, psicolóxica, social, sentimental ou sexual, os problemas seica teñen solución. Así, polo menos, reza o papeliño que nos deron pola rúa en Lagos. Como vedes, o meigo africano mesmo ten remedio para os cornos e os “gatillazos”. E haberá quen pique?

5 Responses to “ALGUÉN TEN PROBLEMAS?. O ALGARVE (4 e último)”

  1. paideleo says:

    Hai, hai.
    Hoxe na bruxa de Torneiros había xente esperando e non xente maior precisamente.
    Supoño que en casos desesperados un acode a quen sexa.

  2. Eva says:

    ¿Así que hai bruxa en Torneiros?. Non che sabía eu tal.
    Eu so fun unha vez, recoñézoo, cando miña nai estivo tantos días na UCI. E foi porque me levou unha tía miña, que seica tiña que ser eu porque era o familiar máis directo. Aquela muller dixo que miña ía sanar porque eu fixera moi ben o que ela me mandara… pero eu creo que sanou polos neurocirurxiáns do Xeral.
    Nunca se sabe a que pode recorrer unha persoa desesperada…

  3. Manuel l. Rodrigues says:

    Velaquí un home importante no mundo. Haberá que telo en conta sexa para o que sexa.

    Un saudo!!

  4. mer says:

    pois nada… haberá que contactar con el logo e que vaia empezando a solucionarnos a vida a todos, podemos “poñer bote” e facemos un fronte común contra os mals do mundo

    bicos

  5. Carlos Sousa says:

    Moi cachondo o letreiriño, e aínda por iba 100% de reusltado no espacio de unha semana. ¿Pero que resultado? polo de pronto xa che sacan ós cartos antes.

    Pero bueno, as veces hai que agarrarse o que sexa.

Leave a Reply

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture. Click on the picture to hear an audio file of the word.
Click to hear an audio file of the anti-spam word