O ALGAVE (3). PUXEIROS EN PORTUGAL
Posted by: paidovento in Lingua e literatura, vivencias![]()

Nos días que estivemos no sur a miúdo bromeabamos co nome dunha fermosísima praia dos arredores. Así, o cativo preguntaba: A que praia imos hoxe?, ao que nos respostabamos: A Puxeiros. Logo de pensalo un pouco, o rapaz escachaba coa risa. A praia chámase Porto de Mós, e, claro, os que coñecen a bisbarra de Vigo saben que o alto (e aos lugares altos chámaselles con frecuencia portos) máis famoso á beira do concello de Mos non é outro que Puxeiros. De aí a chanza.
Por certo, a foto é preto do citado lugar, tirámola dende unha barca na que fixemos a famosa ruta das grutas (en Lagos), á que nós, tamén para rir un pouco, lle chamabamos a ruta das “brutas”.
Entries (RSS)
agosto 7th, 2008 at 11:44 am
Uau !. O sitio é espectacular. Quen lle dera a Mos ter un sitio así…e a nós tamén. Por certo, na estrada de Torneiros a Ribadelouro hai ou había un sitio chamado Porto de Bouzas que non é o famoso dos fogos de artificio.
agosto 7th, 2008 at 6:16 pm
Pois a min a imaxe lémbrame moito a outras tomadas na Praia das catedrais.
Sempre tiven unha especie de medo respecto ao tempo e ao efecto da erosión nas rochas ao longo do tempo. Se o mar chegou a facer iso, temén haberá un día en que decida desfacelo (ou rematar o traballo botando o que queda de rocha abaixo)
Aínda así; a fotografía é fermosísima
Unha aperta!!
agosto 18th, 2008 at 5:26 pm
A verdade é que a imaxe é espectacular, e si que me recorda a praia das catedrais. Vendo o que fixeron ca costa de Vigo estas couse parécenme imposibles.
Un saúdo!!!