O ALGAVE (3). PUXEIROS EN PORTUGAL
Posted by: paidovento in Lingua e literatura, vivencias![]()

Nos días que estivemos no sur a miúdo bromeabamos co nome dunha fermosísima praia dos arredores. Así, o cativo preguntaba: A que praia imos hoxe?, ao que nos respostabamos: A Puxeiros. Logo de pensalo un pouco, o rapaz escachaba coa risa. A praia chámase Porto de Mós, e, claro, os que coñecen a bisbarra de Vigo saben que o alto (e aos lugares altos chámaselles con frecuencia portos) máis famoso á beira do concello de Mos non é outro que Puxeiros. De aí a chanza.
Por certo, a foto é preto do citado lugar, tirámola dende unha barca na que fixemos a famosa ruta das grutas (en Lagos), á que nós, tamén para rir un pouco, lle chamabamos a ruta das “brutas”.


Entries (RSS)