“Movemento alternativo de algo en dous sentidos opostos”. Esa é en galego a definición de “vaivén” e encaixa perfectamente co nome do barquiño da foto. En Lagos, para acceder a un areal ao que lle chaman “Meia praia” (de dimensións quilométricas, así que imaxinade como será a “praia enteira”) cómpre dar un bo arrodeo para salvar o brazo de mar duns 50 m de largo e máis dun quilómetro de longo que se mete na cidade, deixando a un lado o típico paseo marítimo e ao outro os portos pesqueiro e deportivo, e a antedita praia (botádelle un ollo á imaxe tirada de Google maps para facervos unha idea). Entón, se vas a pé, tes dúas posibilidades: ir ata o quinto inferno ata encontrar unha ponte, ou coller o atallo, é dicir, montar no “vaivén”, que por 60 céntimos bascúlate na outra beira en cuestión de segundos. Así que, xa se sabe, o que sobe, baixa e o que vai… vén.
3 Responses to “O ALGARVE (2). O QUE VAI… VÉN”Leave a Reply |
Entries (RSS)
xullo 31st, 2008 at 1:39 pm
…a verdade é que a cousa non é que sexa moi cara non…
xullo 31st, 2008 at 10:37 pm
É simpátivo o vai vem. Simpático e barato. Nós de Lagos temos mala lembranza. Paramos nun camping no centro da cidade e fomos botarlle unha ollada. Había un estranxeiro boracho durmindo cun cartel pendurado dicindo que non tiña cerebro ou algo así. Bueno, a experiencia foi deprimente.
agosto 3rd, 2008 at 4:34 am
É unha palabra moi curiosa, non coñecía eu ese significado. Saúdos