O último que lemos por orde cronolóxica foi:
En Busca de Klingsor, de Jorge Volpi, unha novela científica cuxo maior mérito foi o de poñernos ao día sobre as personalidades da física na primeira metade do século XX. Un libro interesante que tece unha trama sobre a carreira atómica nazi.![]()
A pensión Eva, descoñecedores que somos da obra de Camilleri, pareceunos unha típica comedia italiana que trivializa a traxedia da Segunda Guerra Mundial nunha vila siciliana. Divertida.![]()
Defraudounos un pouco Marina, de Carlos Ruiz Zafón, porque a pesar de ser capaz o autor de imprimirlle ritmo e tensión, os enxendros antagonistas (seres metade homes, metade títeres) perfiláronse ás carreiras, facendo un relato de consumo rápido. Isto último conseguiuno.![]()
E rematamos cun autor galego, Antón Riveiro Coello, que N’Os ollos de K consegue construír un exercicio orixinal de literatura, a trama real camiña parella da trama ficticia que o protagonista, escritor el, vai relatando na súa última novela. Gustounos, aínda que a prosa lustrosa do limiao ás veces chega ao empalago e o argumento de novela negra en ocasións semella demasiado previsible.![]()
Entries (RSS)
xullo 18th, 2008 at 2:22 pm
Non sei porque dis que che defraudou o de Mariña, eu xa o leín fai uns 6 ou7 metes e a min sinceramente gustoume bastante.
Un Saúdo paidovento
xullo 19th, 2008 at 11:24 pm
Que teñades unha boa viaxe e a seguir lendo !.
xullo 21st, 2008 at 1:11 am
eu gostei do riveiro coello mas era previsivel porque desde que li as rulas… fiquei presa a esta narrativa. boa viagem!
xullo 21st, 2008 at 4:40 pm
son sempre de agradecer estas suxestións. Cando menos, eu as atopo con toda ledicia coma quen ten na man un mapa para viaxar a xeografías novas e seductoras.
xullo 21st, 2008 at 8:41 pm
Aínda non lín ningún deses, pero semellan interesantes. Apertas