Nunca nos gustou ir de compras, e menos ás rebaixas. Mais, como a roupa fai falta (e os cartiños tamén), hoxe collemos o andante, escoltados polos nenos, cara ao que noutras circunstancias sería todo un calvario. Porén, non foi así. Xa ao chegar ao centro comercial notamos algo raro, había sitio abondo onde aparcar. Desconcertados, dirixímonos á primeira tenda a mercar roupa de adultos, había máis dependentas ca clientes (dúas contra un); despois fomos a outro establecemento, esta vez a por roupa de nenos, e a ecuación repetiuse, esta vez os clientes eran dous, unha nena e mais a súa nai. Por último, fomos ao híper e, afortunadamente para nós, a proporción persoal-compradores volveuse repetir. Que marabilla! Nun par de horas mercamos o necesario e aínda nos sobrou tempo para tomar un café. Conclusión: hai crise, carallo se a hai!
Esta é a colleita da mañá:
Entries (RSS)
xullo 10th, 2008 at 12:08 am
Hai crise, hai.
O outro día fomos ao centro comercial Gran Vía e estaba cheo de coches pero xente mercando había pouca e xa fecharon varios comercios e sitios de comer.
Ao señor da foto pode ser que o coñeceses. Non sei cantos anos hai da súa morte pero creo que xa andabas ti por Vilaguindastre. Vendía o cupón no centro e tiña gafas e o carriño motorizado.
Alédome que che gustase o que escribín.
xullo 10th, 2008 at 8:08 pm
E que neste país a xente é a ostia. moita crise moita leria… pero a hora de ir mercar, sobre todo as mulleres, non se cortan nin un chisco jajajajaja…
xullo 15th, 2008 at 8:06 pm
Tamén é verdade que a xente está gardando os cartiños para ir de viaxe este verán, aínda que sexa á volta da esquina.
Nos centros comerciais en verán sempre hai pouca xente a non ser que chova, todos preferimos ir mercar pola rúa, pasear por Príncipe… de tódolos xeitos eu fun o xoves mércores pasado que non facía moi bo día, había xente pero non tiven que facer cola en ningures para pagar.
Saúdos
xullo 17th, 2008 at 11:22 am
Si, este ano ca crise, as rebaixas están máis tranquilas que de costume, en fin, dende o meu punto de vista, mellor jaja. menos colas. Saúdos
agosto 16th, 2008 at 1:49 pm
Your blog is interesting!
Keep up the good work!