Hoxe sábado, pola mañá, achegámonos ata o Festival de Cans, por “cheirar” (coma os cans) que se cocía por alí. Asistimos á actuación da banda do Porriño, cun repertorio cheo de referencias cinematográficas (a Pantera Rosa, 007…), albiscamos caras ben coñecidas da TVG, parolamos con amigos, corremos atrás dos nenos… e aturamos unha chuvia tan necesaria coma molesta. Tamén lles mercamos aos cativos cadansúa chapa da protectora de animais local, que aproveitou o nome cuadrúpede do festival para recadar fondos. Xa que logo, e aínda que só estivemos ata a hora do xantar, podemos afirmar, cheos de razón, que foi un “día de cans”.
Para os que pensan acudir sen coller o ”chimpibus”, que saiban que a organización ciscou planos polos valados para que non se perdan no medio do “agroglamour”.
Entries (RSS)
maio 24th, 2008 at 11:16 pm
Velaí como esta aldea lle soubo tirar proveito á coincidencia do topónimo co da vila francesa. E cada vez máis o festival de cine de Cans vaise consolidando e adquirindo sona por moitos lugares.
Seguro que o pasates ben.
Unha aperta.
maio 25th, 2008 at 9:15 pm
Este ano non puiden acercarme.
A ver se para o ano que vén.
maio 26th, 2008 at 6:01 pm
Tivo que ser divertido, a pesar da chuvia.
maio 28th, 2008 at 9:57 pm
Pena non poder estas ahi, habíadelo pasar en grande, pa próxima vez vou con vos. Un Saúdo
http://www.asbeirasdoarnego.blogspot.com
maio 29th, 2008 at 5:11 pm
Eu a verdade non fun nunca, aínda que coido que podería ser interesante. Outro ano será. Unha aperta.
maio 30th, 2008 at 7:07 pm
Tes un agasallo no meu blog, pásate cando queiras por el. Unha aperta. Tamén podes coller o meme.