A primeira xornada deste ano no “Voluntariado en defensa do monte galego” deu bastante de si. Tanto é, que deberiamos acabar ás dúas da tarde, e acabamos ás catro. Logo de reunirnos ás dez na praza do Concello de Tomiño, fomos ata un local que o servizo de voluntariado está a piques de estrear, alí déronnos o material acostumado (mochila, gorra, luvas, chaleco “fosforito”, etc.) e unha pequena clase teórica sobre cales eran as nosas funcións. A continuación montamos nos “Nissan” de aluguer e tiramos cara ao monte. Alí arriba (na Serra da Groba, a cincocentos e pico metros) ía bastante frío, así que puxémonos a andar, falar, andar… ata que se nos fixo tarde. Entón, os coordinadores foron polos coches e viñéronnos buscar. Ata aquí todo ía ben, cun pouco de atraso, pero máis nada. Os problemas viñeron cando as enlamadas pistas non permitían que os coches pasasen; en varias ocasións baixamos, demos volta, metémonos por outros carreiros e ata fixemos de “zapadores”, preparando o paso dos todo terreo por entre os piñeiros. Foi o ingrediente aventureiro que faltaba para completar unha interesante mañá, que comezou coas fermosas vistas do atlántico dende os esgrevios montes da Groba.
3 Responses to “PRIMEIRO DÍA DE “VOLUNTA””Leave a Reply |
Entries (RSS)
maio 13th, 2008 at 12:08 pm
Fermosas vistas, sí señor. Pero ademáis, ¿que facedes en concreto? ¿Vixiancia, control de lixo,…?
maio 14th, 2008 at 4:41 pm
O que facemos, basicamente, é vixiar calquera rastro de fume que poida haber e notificalo inmediatamente. Ademais, de paso, tamén recollemos lixo, que bastante hai por eses montes de deus.
maio 19th, 2008 at 12:32 am
Ola Paidovento: É un pracer visitar esta túa casa.
Noraboa polo voluntariado, paréceme un labor encomiable e necesario. Vexo que a aventura tamén forma parte do labor. Xa nos contarás da novedades de interese que che depare esta tarefa.
Unha aperta.