12 Abril 2008

ESTREMADURA (3). O CEMITERIO ALEMÁN

Arquivado en: vivencias — paidovento @ 11:51 pm

O mosteiro de Yuste, ou o que queda del, está situado nun fermoso lugar cheo de oliveiras, sobreiras, carballos… Trátase dunha ladeira montañosa cunha paisaxe non habitual nas terras estremeñas. Non é de estrañar que o emperador Carlos V elixise o lugar para retirarse e pasar alí o tempo que lle quedaba de vida. Na subida ao mosteiro, que fixemos a pé dende Cuacos de Yuste (un paseíño de menos de 2 km) atopamos, sen querer, un cemiterio, nada menos que un cemiterio alemán. Ao parecer, entre os gobernos español e xermano decidiron trasladar alí os restos dos soldados alemáns mortos en España durante a primeira e a segunda guerra mundial. Supoñemos que acordarían soterralos precisamente alí por ser a última morada de Carlos V, aínda que tamén supoñemos que aos familiares dos mortos lles pracería máis que lles repatriasen os cadáveres, ou o que quedase deles.

7 Comentarios »

  1. Eu coñecía a existencia dese cemiterio pola televisión e non deixa de ser un detalle curioso.
    É raro o que comentas de que non repatriaran os restos ao país de orixe.
    Un saúdo.

    Comentario por paideleo — 15 Abril 2008 @ 12:55 am

  2. Coñece o lugar pero non a historia, é chula. Te respondín ao comentario das palas voadoras no blog da aula, tes razón, pero xa ves temos que volver a falar do tema, a ver cando nos tomanos unhas cañas agora te digo tamén na resposta. saúdos e a seguir blogeando

    Comentario por Eduardo — 16 Abril 2008 @ 2:07 am

  3. ola, acabote de coñecer, tes un blog moi interesante. Eu tamén estiven en Cuacos de Yuste esta semana santa, é un pobo moi bonito, toda esa zona o é, outro pobo que me encantou foi Garganta de la Olla por se non o coñeces, recomendocho. Un saúdo.

    Comentario por d´agolada — 18 Abril 2008 @ 1:06 am

  4. ola paidovento! acabo de coñecer o teu blog a través de d´Agolada, realmente gustoume, e encantoume a cabeceira, eu non coñezo esa zona de Cuacos de Yuste pero non dubido que sexa preciosa´. Bueno pasareime máis veces por aquí. Unha apreta. Se che interesa aquí che deixo a miña dirección:
    www.asbeirasdoarnego.blogspot.com.

    Comentario por asbeirasdoarnego — 18 Abril 2008 @ 4:59 pm

  5. Amig@ blogueir@: Queremos informarte da Xuntanza de blogueiros que terá lugar en Agolada (Pontevedra) o día 31 de maio de 2008. Gustaríanos contar coa túa presenza.
    Agradecémosche que lle deas publicidade ao evento desde a túa páxina. Se o tes a ben coloca o logo da xuntanza nun recanto do teu blog.
    Para máis información:
    http://blog-xuntanza.blogspot.com

    Comentario por Manuel Busto — 21 Abril 2008 @ 6:55 pm

  6. Grazas por pasarte polo meu blog, volve cando queiras, eu por aquí vouno seguir facendo. un saúdo.

    Comentario por d´agolada — 22 Abril 2008 @ 5:13 pm

  7. ola, es o gañador de dous premios, pásate pola miña bitácora recollelos cando poidas. Unha aperta

    Comentario por d´agolada — 27 Abril 2008 @ 2:40 am

Fonte RSS para os comentarios desta anotación. | TrackBack URI

Deixa un comentario

XHTML ( You can use these tags): <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong> .

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image