Xa levaba meses unha coñecida, moi faladeira ela, insistíndonos en que tiñamos que botarlle un ollo ao libro de texto que usaba cando ía á escola alá polos anos 50. E hai dúas semanas coincidimos ao lado da súa casa, pillounos por banda e prestóunolo para que puidésemos contemplar a curiosidade. Non é que estivésemos moi interesados en empregar este tocho como libro de cabeceira, pero cando alguén insiste en que vexas algo suponse que é porque valora a túa opinión, e por iso accedemos a ollalo, dándolle as grazas pola súa confianza.
Trátase dun libro que contén todas as materias de estudo que daquela había: historia, xeografía, matemáticas, relixión (faltaría máis)… con exercicios incluídos. Vaia, que postos a pensar, sería unha boa maneira de que a Xunta aforrase cartos en libros de texto e de que os rapaces levasen menos peso nas mochilas.
Non era mala idea esa de empregar un só libro para tódalas materias pero creo que é imposible. Os libros de agora teñen máis ilustracións e outro tamaño de letra para que lle entren polo ollo os contidos aos rapaces.
Comentario por paideleo — 9 Abril 2008 @ 11:03 pm
Creo que o reeditaron fai uns anos. Teño ollado algún libro deses; e ben curioso, sobre todo como plantexan o tema da relixión, das normas de urbanidade e a forma que ten de ver a historia.
Comentario por O Raposo — 10 Abril 2008 @ 10:18 am
daquela, o mundo semellaba baixo control, todo podía aprender e atraparse (nun libro, por exemplo). Pero hoxe xa non temos esa idea, esa ilusión: o mundo é enorme e por moito que aprendamos nunca o saberemos todo. Por iso temos tantos e tantos libros, para conformarnos…
Comentario por torredebabel — 11 Abril 2008 @ 12:29 am
Si, reeditárono hai uns anos. De todos os xeitos eu usei ese libro no cole. Ai!
Comentario por peke — 14 Abril 2008 @ 5:33 pm