7 Abril 2008

“ENCICLOPEDIA ÁLVAREZ. TERCER GRADO”

Arquivado en: vivencias — paidovento @ 7:22 pm

Xa levaba meses unha coñecida, moi faladeira ela, insistíndonos en que tiñamos que botarlle un ollo ao libro de texto que usaba cando ía á escola alá polos anos 50. E hai dúas semanas coincidimos ao lado da súa casa, pillounos por banda e prestóunolo para que puidésemos contemplar a curiosidade. Non é que estivésemos moi interesados en empregar este tocho como libro de cabeceira, pero cando alguén insiste en que vexas algo suponse que é porque valora a túa opinión, e por iso accedemos a ollalo, dándolle as grazas pola súa confianza.

Trátase dun libro que contén todas as materias de estudo que daquela había: historia, xeografía, matemáticas, relixión (faltaría máis)… con exercicios incluídos. Vaia, que postos a pensar, sería unha boa maneira de que a Xunta aforrase cartos en libros de texto e de que os rapaces levasen menos peso nas mochilas.

4 Comentarios »

  1. Non era mala idea esa de empregar un só libro para tódalas materias pero creo que é imposible. Os libros de agora teñen máis ilustracións e outro tamaño de letra para que lle entren polo ollo os contidos aos rapaces.

    Comentario por paideleo — 9 Abril 2008 @ 11:03 pm

  2. Creo que o reeditaron fai uns anos. Teño ollado algún libro deses; e ben curioso, sobre todo como plantexan o tema da relixión, das normas de urbanidade e a forma que ten de ver a historia.

    Comentario por O Raposo — 10 Abril 2008 @ 10:18 am

  3. daquela, o mundo semellaba baixo control, todo podía aprender e atraparse (nun libro, por exemplo). Pero hoxe xa non temos esa idea, esa ilusión: o mundo é enorme e por moito que aprendamos nunca o saberemos todo. Por iso temos tantos e tantos libros, para conformarnos…

    Comentario por torredebabel — 11 Abril 2008 @ 12:29 am

  4. Si, reeditárono hai uns anos. De todos os xeitos eu usei ese libro no cole. Ai!

    Comentario por peke — 14 Abril 2008 @ 5:33 pm

Fonte RSS para os comentarios desta anotación. | TrackBack URI

Deixa un comentario

XHTML ( You can use these tags): <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong> .

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image