2 Abril 2008

ESTREMADURA (2). CITA A CEGAS

Arquivado en: vivencias — paidovento @ 9:21 pm

Saíu ben, moi ben. Reservamos por teléfono un hostal que na arañeira non aparece por ningures. As únicas referencias que tiñamos eran da dona do establecemento, que insistía en que estaba todo “limpito”. E… non mentía. Estivemos coma nunca: durmimos ben, comemos aínda mellor e parolamos longo e tendido con Agustín e Antonia, os donos do local. Cando nos despedimos, dixémoslles que habiamos volver e que lle fariamos publicidade de balde. Como o prometido é débeda, aí vai:

Chámase Hostal La Higuera, está situado nunha aldeíña chamada Pago de San Clemente (a 11 km de Trujillo). Cómese comida caseira e o trato é amable; todo isto nun ambiente de tranquilidade (e por un prezo bárbaro).