Logo dun ben merecido descanso por terras estremeñas, facemos balance da visita, balance positivo, claro está.
Entre as curiosidades, que hai moitas, desta terra veciña de Portugal, atopamos a primeira nada máis chegar ao hostal rural no que nos aloxamos, nos arredores de Trujillo. Xusto ao lado do establecemento, nunha casiña baixa, atopamos esta evocadora placa dun pasado que xa deberiamos ir cualificando de remoto. Como vedes, a Lei de memoria histórica non chega a todas partes.