Ás veces haiche moito que ver ben preto da túa casa. O domingo preparamos unha excursión “expres” ao Faro de Budiño, os nenos non o coñecían e nós había tempo que non iamos por alí. Gustounos pasear polo medio dos impresionantes penedos que mesmo parece que quedaron uns con outros para faceren unha xuntanza alí no alto do monte. Tamén nos gustou recrear a vista e admirar os arredores no que case parecía unha panorámica aérea. E, como no monte sempre se descobren cousas, nós achamos un agocho de película: a chamada “cova dos nenos”. A sogra, que ía canda nós, leu no cartel “a cova dos demos”. Aínda rimos un pouco polo dobre sentido que se lle pode atopar; e así, rindo, entraron os nenos na cova para facerlle honor ao nome.
17 Marzo 2008
LUZ E TEBRAS NO FARO DE BUDIÑO
3 Comentarios »
Fonte RSS para os comentarios desta anotación. | TrackBack URI
Preciosas fotografias
Comentario por Fada Branca — 18 Marzo 2008 @ 1:04 am
O outro día mirei fotos de cando subimos ao Faro hai un tempo… Que rapaciños eramos !.
Comentario por paideleo — 18 Marzo 2008 @ 2:50 am
Non coñecía esa paraxe. Preciosa.
Comentario por peke — 23 Marzo 2008 @ 5:32 pm