Nunca nos encantou ir á praia, polo menos dende que imos en familia (toallas, sombrilla, xoguetes dos nenos, area pegada ao corpo, marea alta, moita xente nas duchas, nos bancos… na praia). Porén este sábado foivos ben distinto. O ceo estaba toldado, pero a temperatura desta primavera anticipada era ideal, mais o que realmente resultou ideal foi a ausencia case total de xente. Demasiadas veces temos visto o areal de Lourido (ou Praia América, se se quere) cheo a rebosar de carne deitada, a remollo ou buscando sitio para asumir algún dos estados anteriores; no entanto, o sábado (non sabemos, quizais pola falta de sol) a fermosa baía desprendía paz e soidade, unha marabillosa soidade. Non puidemos resistirnos a premer o botón da cámara. Aí van dúas mostras para os incrédulos: a da primavera e a da soidade.

5 Responses to “ASÍ DÁ GUSTO IR Á PRAIA”

  1. brasilego says:

    É lindo mesmo. Eu também detesto a praia quando está cheia de gente. Na verdade não é a praia o que eu detesto, se não a juntança de tanta gente…
    Paz e natureza, que maravilha.
    As fotos sairam muito bonitas.
    Um abraço do brasilego.

  2. Eva says:

    Estou contigo. O areal de Lourido é precioso, pero sen moita xente, que despois faise insoportable… a non ser que un teña á beira alguén realmente querido.
    Por certo, quen sabe como se chaman as floriñas amarelas da foto?. Son ben bonitas.

  3. paideleo says:

    É unha gozada.
    Tamén está ben nun día de mal tempo no verán.

  4. peke says:

    Que lembranzas me trouxo!

  5. O Raposo says:

    Da gusto ver a praia asi.

Leave a Reply

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture. Click on the picture to hear an audio file of the word.
Click to hear an audio file of the anti-spam word