26 Febreiro 2008

ASÍ DÁ GUSTO IR Á PRAIA

Arquivado en: vivencias — paidovento @ 1:02 am

Nunca nos encantou ir á praia, polo menos dende que imos en familia (toallas, sombrilla, xoguetes dos nenos, area pegada ao corpo, marea alta, moita xente nas duchas, nos bancos… na praia). Porén este sábado foivos ben distinto. O ceo estaba toldado, pero a temperatura desta primavera anticipada era ideal, mais o que realmente resultou ideal foi a ausencia case total de xente. Demasiadas veces temos visto o areal de Lourido (ou Praia América, se se quere) cheo a rebosar de carne deitada, a remollo ou buscando sitio para asumir algún dos estados anteriores; no entanto, o sábado (non sabemos, quizais pola falta de sol) a fermosa baía desprendía paz e soidade, unha marabillosa soidade. Non puidemos resistirnos a premer o botón da cámara. Aí van dúas mostras para os incrédulos: a da primavera e a da soidade.

5 Comentarios »

  1. É lindo mesmo. Eu também detesto a praia quando está cheia de gente. Na verdade não é a praia o que eu detesto, se não a juntança de tanta gente…
    Paz e natureza, que maravilha.
    As fotos sairam muito bonitas.
    Um abraço do brasilego.

    Comentario por brasilego — 26 Febreiro 2008 @ 10:17 am

  2. Estou contigo. O areal de Lourido é precioso, pero sen moita xente, que despois faise insoportable… a non ser que un teña á beira alguén realmente querido.
    Por certo, quen sabe como se chaman as floriñas amarelas da foto?. Son ben bonitas.

    Comentario por Eva — 26 Febreiro 2008 @ 5:23 pm

  3. É unha gozada.
    Tamén está ben nun día de mal tempo no verán.

    Comentario por paideleo — 27 Febreiro 2008 @ 1:38 am

  4. Que lembranzas me trouxo!

    Comentario por peke — 27 Febreiro 2008 @ 11:25 am

  5. Da gusto ver a praia asi.

    Comentario por O Raposo — 27 Febreiro 2008 @ 10:54 pm

Fonte RSS para os comentarios desta anotación. | TrackBack URI

Deixa un comentario

XHTML ( You can use these tags): <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong> .

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image