Logo de rematar lecturas “obrigadas”, como “The picture of Dorian Gray”, de Oscar Wilde (unha versionciña adaptada para estudantes de idiomas) , clásico ao que, como tal, sempre se lle tira proveito; por fin imos encetar a novela que chamaba por nós dende o andel hai case un mes: La sombra del viento, de Carlos Ruiz Zafón. A novela en cuestión perséguenos, e non dende hai un mes, senón uns cinco anos. A primeira vez que soubemos que existía ocorreu alá pola Semana Santa do 2003 cando, acubillados no tren que cobre o traxecto entre Almusafes e Valencia, observamos unha moza concentrada na lectura de “L’ombra del vent”, a versión en catalá. Fixámonos no libriño porque xa tiñamos referencias, e boas, do autor; leramos del “O príncipe da brétema”, a tradución ao galego dunha novela xuvenil cun inusitado talento neste tipo de publicacións. Ese mesmo ano, na feira do libro de Ourense, descubrimos que o volume era xa daquela un supervendas en todo o estado. O ano pasado decidimos agasallar a un amigo con esta reliquia, con tan boa sorte que xa o lera. Pois ben, hai case un mes, con motivo do noso aniversario, o amigo en cuestión tivo a fantástica idea de devolvernos o presente, co cal o efecto búmerang se completou. Hoxe fincámoslle o dente, esperamos que non nos defraude.

4 Responses to “LECTURAS”

  1. paideleo says:

    Non defrauda. Xa veredes.

  2. Suso Lista says:

    Pois terei que leelo.

  3. O Raposo says:

    Non o lin pero unha amiga miña si, e fala moi ben del.
    Xa contarás.

  4. peke says:

    Lino hai tempo. Está moi ben.

Leave a Reply

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture. Click on the picture to hear an audio file of the word.
Click to hear an audio file of the anti-spam word