16 Febreiro 2008

LECTURAS

Arquivado en: Lingua e literatura — paidovento @ 2:38 am

Logo de rematar lecturas “obrigadas”, como “The picture of Dorian Gray”, de Oscar Wilde (unha versionciña adaptada para estudantes de idiomas) , clásico ao que, como tal, sempre se lle tira proveito; por fin imos encetar a novela que chamaba por nós dende o andel hai case un mes: La sombra del viento, de Carlos Ruiz Zafón. A novela en cuestión perséguenos, e non dende hai un mes, senón uns cinco anos. A primeira vez que soubemos que existía ocorreu alá pola Semana Santa do 2003 cando, acubillados no tren que cobre o traxecto entre Almusafes e Valencia, observamos unha moza concentrada na lectura de “L’ombra del vent”, a versión en catalá. Fixámonos no libriño porque xa tiñamos referencias, e boas, do autor; leramos del “O príncipe da brétema”, a tradución ao galego dunha novela xuvenil cun inusitado talento neste tipo de publicacións. Ese mesmo ano, na feira do libro de Ourense, descubrimos que o volume era xa daquela un supervendas en todo o estado. O ano pasado decidimos agasallar a un amigo con esta reliquia, con tan boa sorte que xa o lera. Pois ben, hai case un mes, con motivo do noso aniversario, o amigo en cuestión tivo a fantástica idea de devolvernos o presente, co cal o efecto búmerang se completou. Hoxe fincámoslle o dente, esperamos que non nos defraude.

4 Comentarios »

  1. Non defrauda. Xa veredes.

    Comentario por paideleo — 16 Febreiro 2008 @ 11:30 pm

  2. Pois terei que leelo.

    Comentario por Suso Lista — 21 Febreiro 2008 @ 12:59 am

  3. Non o lin pero unha amiga miña si, e fala moi ben del.
    Xa contarás.

    Comentario por O Raposo — 21 Febreiro 2008 @ 1:03 pm

  4. Lino hai tempo. Está moi ben.

    Comentario por peke — 27 Febreiro 2008 @ 11:27 am

Fonte RSS para os comentarios desta anotación. | TrackBack URI

Deixa un comentario

XHTML ( You can use these tags): <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong> .

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image