No Val da Louriña vívese con paixón o entroido (e os que somos ourensáns estamos acreditados para afirmalo). As comparsas soen ser orixinais e divertidas, coma a da foto, que pode simbolizar a “entrada” (repárese na xiringa traseira); é dicir, o “entroido”, termo que procede do latín “introitum” e que vén significando “entrada” nese sacrosanto período da coresma no que segundo a igrexa non se debía comer carne. Isto, máis ou menos, é do dominio público. O que non o é tanto é que en castelán tamén hai “antruejo” e “antruido”, palabras estas ás que foi substituíndo “carnaval”, aínda que todas ao final veñan significando o mesmo. A saber, “antruejo” fai referencia aos tres días de “carnestolendas” (do latín “carnis” -carne- e “tollere” -quitar-) e “carnaval” incide no mesmo (do italiano “carnevale”, e este do latín “carnem levare” -quitar a carne-). Que obsesión a da Igrexa coa carne! Xa parecen os médicos co colesterol.

2 Responses to “SÁBADO DE ENTRADA”

  1. paideleo says:

    A xerarquía eclesiástica era mui espabilada e cando era tempo de coresma botaban porcos ao río que logo pescaban con rede…e xa se sabe que todo o que cai na rede é peixe !.
    Desfruta destes días e a ver se non chove.

  2. peke says:

    Aínda lembro a marcha dos entroidos ourensáns. Saïamos todos os días disfrazados e rematabamos desfeitos. Pero que ben o pasabamos!

Leave a Reply

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture. Click on the picture to hear an audio file of the word.
Click to hear an audio file of the anti-spam word