discoverer.jpgCumpríronse dez anos o domingo da desfeita do “Discoverer Enterprise” na ría de Ferrol. Unha noite de temporal, e quizais (non o sabemos) un exceso de relaxación dos operarios de Astano, hoxe Navantia, provocou que aquel barquiño mercante rachase amarras e fose parar contra a ponte das Pías, daquela a principal conexión de Ferrol co resto do mundo. Por aquel entón nós morabamos por alí, concretamente no fermoso lugar de Maniños (Fene), nun soleado piso con vistas ao mar. Á mañá seguinte do suceso, coma centos de curiosos, fomos ata a “zona cero” e, de verdade, o espectáculo era para flipar, o mar estaba en calma e parecía mesmamente coma se a un ousado construtor se lle ocorrese plantar no medio e medio da ponte un edificio de dez andares.

Hoxe, dende a prudente distancia que nos outorga o tempo, e visto así dende arriba, o que nos evoca a imaxe é un aparcamento. Coma se ao patrón do barco, farto de ”estacionar” sempre en batería, lle apetecese facelo máis dificil e aparcou en liña. Iso si, calculou mal e subiu ao “bordillo”.

3 Responses to “APARCAMENTO EN LIÑA”

  1. rsula says:

    Eu lembro de velo na tele e quedei impresionada. O realmente impresionante supoo que sera velo al, de cerca…

  2. paideleo says:

    Eu daquelas andaba polo estranxeiro e apenas teño unha lembranza pequena coma un suspiro.

  3. peke says:

    Lembro ben aquel incidente. Un flipe.

Leave a Reply

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture. Click on the picture to hear an audio file of the word.
Click to hear an audio file of the anti-spam word