Pois mira que lles entrou teima a algúns con isto de poñerlle letra ao himno español. Non é de estrañar, nun estado no que un de cada dous concursos televisivos consiste en cantaruxar algo, xa se sabe… a cabra tira ao monte. De calquera xeito, a nós nin nos vai nin nos vén e, como supoñemos que xa coñecedes as virtudes da famosa letra (un alarde de habelencia poética, cargada de sensibilidade e orixinalidade), reproducimos os versos? de dous himnos que nos chamaron a atención. O primeiro, o de Cabo Verde, non está mal para ser un himno. O segundo, o de Grenlandia, non ten desperdicio; agás o de “pelo cano” pouco máis alcanzamos a entender (quizais a mala tradución do grenlandés ao castelán teña algo que ver).
Podedes ver letras dun feixe de países en http://www.musica.com/letras.asp?letras=16048
Canta, irmão
Canta, meu irmão
Que a liberdade é hino
E o homem a certeza.
Com dignidade, enterra a semente
No pó da ilha nua;
No despenhadeiro da vida
A esperança é do tamanho do mar
Que nos abraça,
Sentinela de mares e ventos
Perseverante
Entre estrelas e o Atlântico
Entoa o cântico da liberdade.
Canta, irmão
Canta, meu irmão
Que a liberdade é hino
E o homem a certeza
------------------------------------------------------------------------------------------------------
![]()
Nuestro país antiguo, tu cabeza se cubre con pelo cano,Nos has guardado, como hijos, y nos has dado las riquezas.
Como medianos de la familia florecimos aquí Kalaallit,deseamos llamarnos delante de su cabezaorgullosa y honrada.Con un deseo ardiente para desarrollarlo que usted entrega, renovando,quitando sus obstáculos de nuestro deseode progresar, adelantarnos.La manera de sociedades maduradases nuestro objetivo entusiasta para lograr;el efecto del discurso y las letras anhelamos ver.¡Humildad no es la ruta,Kalaallit despierta y sea orgulloso!Una vida dignificada es nuestro objetivo;
con coraje adopte una postura.


Entries (RSS)
xaneiro 14th, 2008 at 10:50 am
Con retranca
O sábado pola noite, máis ben o domingo de madrugada, andaba eu perdida por un disco-pub calquera e cada poucas cancións poñían o himno galego.
Teño ido máis veces e non o puxeran nunca. Non sei se o de porlle letra ao español tivo algo que ver co conto pero a verdade é que foi divertido, todo o mundo cantando salvaxemente alcoholizados.
xaneiro 15th, 2008 at 1:46 am
Pois agora o parado ese vaise facer de ouro cobrando cada vez que soe.
Se me piden a miña sinatura non vou asinar porque é un asunto que non vai comigo.