Pois si, o 27 de decembro estivemos alí, en Vigo, animando á selección. Para o cativo foi toda unha experiencia, de principio a fin. O rapaz aprendeu un feixe de cousas, e non todas boas. Aprendeu, por exemplo, que hai xentalla que goza estragando cousas e facendo mal; aprendeu que a falta de puntualidade non só consiste en chegar dez minutos tarde a un sitio, senón que tamén se manifesta en atrasar un evento hora e media; aprendeu que o fútbol é ao aire libre e que en decembro vai frío…
Mais tamén aprendeu que o importante dun partido non é o resultado e que o auténtico espectáculo está nas bancadas; aprendeu, en resumo, que o fútbol é, para ben ou para mal, moito máis que darlle pancadas a un balón. Pero, esquecéndonos do cheiro a queimado dos contedores, do lixo espallado polo chan e da demora, en xeral pasámolo moi ben. A anécdota estivo no anuncio de GADIS, xa sabedes, ese de “Vivamos como galegos”, que cada vez que o pasaban nas pantallas de Balaídos animaba ao persoal a base de ben.
A min xa sabes que non me gusta o fútbol e o partido do outro día non fixo máis que reafirmarme na miña idea cando botei media hora circulando detrás da manifestación e esquivando contedores ardendo. Que lle queres ?.
Espero que o cativo aprendese o que ten de bo o fútbol anque eu sigo prefirindo o fútbol feminino.
Bo 2008.
Comentario por paideleo — 2 Xaneiro 2008 @ 1:31 pm
Esperemos que sacase as súas conclusións.
Comentario por peke — 5 Xaneiro 2008 @ 4:03 pm
A ver que lle parece isto a Suso:
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2008/01/07/a-romanizacion-de-galicia-contada-con-playmobils/
Comentario por seguro — 8 Xaneiro 2008 @ 1:53 am
Segues a preferir o fútbol feminino? Entón que contas sobre o remate do partido da selección galega feminina 20 minutos antes do final porque os HOMES TIÑAS QUE ENTRENAR?
Comentario por Mer — 16 Xaneiro 2008 @ 10:40 am