2 Xaneiro 2008

ESTIVEMOS ALÍ

Arquivado en: vivencias — paidovento @ 12:45 am

Pois si, o 27 de decembro estivemos alí, en Vigo, animando á selección. Para o cativo foi toda unha experiencia, de principio a fin. O rapaz aprendeu un feixe de cousas, e non todas boas. Aprendeu, por exemplo, que hai xentalla que goza estragando cousas e facendo mal; aprendeu que a falta de puntualidade non só consiste en chegar dez minutos tarde a un sitio, senón que tamén se manifesta en atrasar un evento hora e media; aprendeu que o fútbol é ao aire libre e que en decembro vai frío…chamas.JPG

 Mais tamén aprendeu que o importante dun partido non é o resultado e que o auténtico espectáculo está nas bancadas; aprendeu, en resumo, que o fútbol é, para ben ou para mal, moito máis que darlle pancadas a un balón. Pero, esquecéndonos do cheiro a queimado dos contedores, do lixo espallado polo chan e da demora, en xeral pasámolo moi ben. A anécdota estivo no anuncio de GADIS, xa sabedes, ese de “Vivamos como galegos”, que cada vez que o pasaban nas pantallas de Balaídos animaba ao persoal a base de ben.

balaidos.JPG