Coincidindo, máis ou menos, co noso aniversario, entre os numerosos e inmerecidos presentes cos que nos obsequiaron, houbo un ben orixinal e que deu de cheo nesa faceta egocéntrica que todos temos e non sempre confesamos. Trátase dunha camisola que resume, cando menos en parte, aquilo de: Quen somos? De onde vimos? A onde imos? A ver que vos parece.
UN AGASALLO ORIXINAL
APARCAMENTO EN LIÑA
Cumpríronse dez anos o domingo da desfeita do “Discoverer Enterprise” na ría de Ferrol. Unha noite de temporal, e quizais (non o sabemos) un exceso de relaxación dos operarios de Astano, hoxe Navantia, provocou que aquel barquiño mercante rachase amarras e fose parar contra a ponte das Pías, daquela a principal conexión de Ferrol co resto do mundo. Por aquel entón nós morabamos por alí, concretamente no fermoso lugar de Maniños (Fene), nun soleado piso con vistas ao mar. Á mañá seguinte do suceso, coma centos de curiosos, fomos ata a “zona cero” e, de verdade, o espectáculo era para flipar, o mar estaba en calma e parecía mesmamente coma se a un ousado construtor se lle ocorrese plantar no medio e medio da ponte un edificio de dez andares.
Hoxe, dende a prudente distancia que nos outorga o tempo, e visto así dende arriba, o que nos evoca a imaxe é un aparcamento. Coma se ao patrón do barco, farto de ”estacionar” sempre en batería, lle apetecese facelo máis dificil e aparcou en liña. Iso si, calculou mal e subiu ao “bordillo”.
HIMNOMANÍA
Pois mira que lles entrou teima a algúns con isto de poñerlle letra ao himno español. Non é de estrañar, nun estado no que un de cada dous concursos televisivos consiste en cantaruxar algo, xa se sabe… a cabra tira ao monte. De calquera xeito, a nós nin nos vai nin nos vén e, como supoñemos que xa coñecedes as virtudes da famosa letra (un alarde de habelencia poética, cargada de sensibilidade e orixinalidade), reproducimos os versos? de dous himnos que nos chamaron a atención. O primeiro, o de Cabo Verde, non está mal para ser un himno. O segundo, o de Grenlandia, non ten desperdicio; agás o de “pelo cano” pouco máis alcanzamos a entender (quizais a mala tradución do grenlandés ao castelán teña algo que ver).
Podedes ver letras dun feixe de países en http://www.musica.com/letras.asp?letras=16048
Canta, irmão
Canta, meu irmão
Que a liberdade é hino
E o homem a certeza.
Com dignidade, enterra a semente
No pó da ilha nua;
No despenhadeiro da vida
A esperança é do tamanho do mar
Que nos abraça,
Sentinela de mares e ventos
Perseverante
Entre estrelas e o Atlântico
Entoa o cântico da liberdade.
Canta, irmão
Canta, meu irmão
Que a liberdade é hino
E o homem a certeza
——————————————————————————————————
![]()
Nuestro país antiguo, tu cabeza se cubre con pelo cano,Nos has guardado, como hijos, y nos has dado las riquezas.
Como medianos de la familia florecimos aquí Kalaallit,deseamos llamarnos delante de su cabezaorgullosa y honrada.Con un deseo ardiente para desarrollarlo que usted entrega, renovando,quitando sus obstáculos de nuestro deseode progresar, adelantarnos.La manera de sociedades maduradases nuestro objetivo entusiasta para lograr;el efecto del discurso y las letras anhelamos ver.¡Humildad no es la ruta,Kalaallit despierta y sea orgulloso!Una vida dignificada es nuestro objetivo;
con coraje adopte una postura.
ESTIVEMOS ALÍ
Pois si, o 27 de decembro estivemos alí, en Vigo, animando á selección. Para o cativo foi toda unha experiencia, de principio a fin. O rapaz aprendeu un feixe de cousas, e non todas boas. Aprendeu, por exemplo, que hai xentalla que goza estragando cousas e facendo mal; aprendeu que a falta de puntualidade non só consiste en chegar dez minutos tarde a un sitio, senón que tamén se manifesta en atrasar un evento hora e media; aprendeu que o fútbol é ao aire libre e que en decembro vai frío…
Mais tamén aprendeu que o importante dun partido non é o resultado e que o auténtico espectáculo está nas bancadas; aprendeu, en resumo, que o fútbol é, para ben ou para mal, moito máis que darlle pancadas a un balón. Pero, esquecéndonos do cheiro a queimado dos contedores, do lixo espallado polo chan e da demora, en xeral pasámolo moi ben. A anécdota estivo no anuncio de GADIS, xa sabedes, ese de “Vivamos como galegos”, que cada vez que o pasaban nas pantallas de Balaídos animaba ao persoal a base de ben.

