Remexendo entre as fotos dunha fin de semana intensa, atopamos a do noso cativo exercitando a súa actividade favorita, ler. Hoxe, mentres agardabamos polos postres no balbordo dun animado xantar familiar, botamos en falta o aludido, fomos dar unha volta e “eureka”, aí o estaba, aproveitando as raiolas de sol para seguirlle a pista ás aventuras de Tintín. Tirámoslle un par de fotos e volvemos á mesa; el nin se decatou da nosa presenza. Iso si, avisámolo cando chegou o postre; tanto “desghaste” merece un premio.
4 Responses to “O PRACER DA LECTURA”Leave a Reply |
Entries (RSS)
novembro 28th, 2007 at 1:13 am
…e que siga así.
novembro 28th, 2007 at 11:32 am
Que lle dure.
novembro 29th, 2007 at 2:35 am
tamen ao meu fillo lle gusta ler. Bueno, que lle lean porque ten 3 anos. Pero non importa porque con eses 3 anos xa descubriu o mais importante: as moitas vidas que agasalla un libro.
febreiro 19th, 2008 at 12:24 am
Graciñas polo comentario.
Un grupo de 3º está a ler “As mans do medo”. Seica lles está gustando, mais aínda non o testeamos.
Como anécdota curiosa temos a petición dun rapaz para cambiar de lectura, pois comezara a ler o libro e despois non daba pegado ollo pola noite. Nunca tal nos pasara. Se cadra o autor tiña razón cando dixo que estes relatos mesmo podían chegar a dar medo.
Saúdos.