18 Novembro 2007

MEME 8

Arquivado en: vivencias — paidovento @ 1:17 am

Tarde, mal e arrastro, cumprimos coa encarga de paideleo. Falaremos, xa que logo, de oito cousas que nos gustan, a saber:

Gústanos o plural de modestia. Aínda que adoite escribir un só, preferimos usar a primeira persoa de plural, por nada en especial, quizais por inercia (o primeiro post escribímolo deste xeito).

Gústanos a familia, tanto ascendente coma descendente. Por suposto, os nenos son a principal referencia, vivimos con eles e para eles, e as súas trasnadas tamén animan, ás veces de máis. Polo que se refire ao resto da familia, especialmente

os pais, sempre estamos a pensar que os vemos pouco (e o malo é que poida que sexa certo).

xmiranda.jpgGústannos os amigos, sobre todo os de verdade. Encántanos a festa e a boa conversa.

Gústannos as vacacións, as viaxes en coche e os bares de estrada (non as áreas de servizo das autoestradas).

Gústanos a lectura, a de aquí e máis a de alá (acabamos de rematar As mans do medo de Xosé Miranda e xa encetamos Anxos e demos de Dan Brown).danbrown.jpg

Gústannos os animais. Os cativos hai tempo que andan a rillarnos a cabeza para que collamos un can, e o maior xa ten clara a súa vocación: veterinario.

Gústannos os coches e as motos. Si, xa sei que somos ben superficiais, pero é algo instintivo, unha debilidade (mágoa da falta de cartos).

Gústanos o monte (xa se sabe para onde tira a cabra) e disfrutalo en compaña, facendo un bo magosto, coas súas castañas, o seu chourizo, o seu viñiño… Hoxe mesmo fixemos un.

magosto.JPG

Agora seguide co “meme” das oito cousiñas todos os que queirades. Animádevos.

3 Comentarios »

  1. Pois si que parece que estivemos no mesmo magosto.
    Bo gusto, si, señor. Non sendo polos coches e as motos no resto coincidimos.
    Graciñas por responder ao meme. Non foches o último que aínda queda unha persoa por facelo.

    Comentario por paideleo — 18 Novembro 2007 @ 12:22 pm

  2. Ah, non me gusta o plural de modestia.

    Comentario por paideleo — 18 Novembro 2007 @ 12:23 pm

  3. Xa era hora, si señor.

    Comentario por peke — 18 Novembro 2007 @ 3:53 pm

Fonte RSS para os comentarios desta anotación. | TrackBack URI

Deixa un comentario

XHTML ( You can use these tags): <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong> .

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image