lume.gifNunca nos gustaron excesivamente os cabazos, calacús… ou como lle queirades chamar. Son viscosos por dentro e o cheiro que despiden tampouco é gran cousa. Tampouco nos gustan as tradicións importadas como o Haloween ou Samaín (que, para nós, vén sendo o mesmo can con distinto colar). O Samaín é un bo intento de vernizar de autóctono algo que “a ollos vistos” nos veu de fóra, ou se non, alguén oíu falar desa suposta festa celta antes de que os ianquis nos vendesen o seu Haloween? Do que oímos falar, seguramente, é de que os nosos pais ou avós, tan amigos eles de troulear, asustaban ao persoal que andaba polas corredoiras nas noites de inverno, usando o que tiñan a man, sabas, velas e cabazos. Mais diso aos disfraces dos nenos tipo “scream” hai un treito. Con todo, quizais a estratexia do verniz non sexa mala idea. Igual somos quen de inventar un “Tío Xanciño”, por exemplo, para xustificar a presenza de Papá Noel polo Nadal. Pero, esquezámonos dos cabazos e pensemos nas castañas, que xa está aquí o San Martiño para facermos o magosto. A disfrutar e.. moito ollo co lume!

3 Responses to “DOS CABAZOS ÁS CASTAÑAS”

  1. O Raposo says:

    Eso, eso, veña castañas e deixarse de caralladas de halloween e similares.

  2. peke says:

    Que imaxe tan chula! E si, viva o magosto!

  3. Mauro says:

    Eso olvidemos o de fora e aproveitemos o noso, que coas castañas non se che rompen os dentes como pasa coas lambetadas do Halloween

Leave a Reply

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture. Click on the picture to hear an audio file of the word.
Click to hear an audio file of the anti-spam word