O outro día, mentres botabamos unhas risas cuns amigos e, logo de intercambiar uns “e ti que fas agora?”, uns “pois eu…” e uns “xa ves…”, parolamos tamén sobre os blogues, coas súas curiosidades e utilidades. Entre estas últimas podemos destacar a que se vén dando ultimamente no tumultuoso mundo do ensino, onde, co fin de motivar os rapazolos, moitos docentes se deciden a encetar un blogue no que os alumnos poidan amosar ao mundo enteiro a través da arañeira os seus traballos. Unha boa iniciativa, sen dúbida, como a de “Aula Galicia”, unha páxina con ampla información sobre a historia e a xeografía do noso país, coas anotacións clasificadiñas, con ligazóns interesantes, fotos, vídeos, etc. Botádelle un ollo, paga a pena.
4 Responses to “UNHA BOA INICIATIVA”Leave a Reply |

Entries (RSS)
outubro 29th, 2007 at 8:17 pm
a verdade e que o blogue está moi ben
novembro 1st, 2007 at 8:59 pm
Eu andei por novembro do 2006 mirando labores de campo no ano 1931.
Un blogo interesante.
novembro 6th, 2007 at 1:42 am
Tés unha encarga no meu blogo.
novembro 15th, 2007 at 3:50 pm
Grazas amigo, por bo e xeneroso, non te podo ver tanto como antes, pero agora te leo. veña a seguir tecendo, que tes un blog moi chulo, un blog para o recreo, o mellor tempo das aulas, como ben sabemos, saúdos os compis