27 Outubro 2007

UNHA BOA INICIATIVA

Arquivado en: Sen clasificar — paidovento @ 6:46 pm

O outro día, mentres botabamos unhas risas cuns amigos e, logo de intercambiar uns “e ti que fas agora?”, uns “pois eu…” e uns “xa ves…”, parolamos tamén sobre os blogues, coas súas curiosidades e utilidades. Entre estas últimas podemos destacar a que se vén dando ultimamente no tumultuoso mundo do ensino, onde, co fin de motivar os rapazolos, moitos docentes se deciden a encetar un blogue no que os alumnos poidan amosar ao mundo enteiro a través da arañeira os seus traballos. Unha boa iniciativa, sen dúbida, como a de “Aula Galicia”, unha páxina con ampla información sobre a historia e a xeografía do noso país, coas anotacións clasificadiñas, con ligazóns interesantes, fotos, vídeos, etc. Botádelle un ollo, paga a pena.

 aulagalicia2.jpg

4 Comentarios »

  1. a verdade e que o blogue está moi ben

    Comentario por Fada Branca — 29 Outubro 2007 @ 8:17 pm

  2. Eu andei por novembro do 2006 mirando labores de campo no ano 1931.
    Un blogo interesante.

    Comentario por paideleo — 1 Novembro 2007 @ 8:59 pm

  3. Tés unha encarga no meu blogo.

    Comentario por paideleo — 6 Novembro 2007 @ 1:42 am

  4. Grazas amigo, por bo e xeneroso, non te podo ver tanto como antes, pero agora te leo. veña a seguir tecendo, que tes un blog moi chulo, un blog para o recreo, o mellor tempo das aulas, como ben sabemos, saúdos os compis

    Comentario por Eduardo — 15 Novembro 2007 @ 3:50 pm

Fonte RSS para os comentarios desta anotación. | TrackBack URI

Deixa un comentario

XHTML ( You can use these tags): <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong> .

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image